Reunión previa de modificación da RPT da Consellería de Sanidade

Por parte da Consellería nos explican que a Modificación responde á Adaptación da Consellería ao Decreto de Estrutura da Xunta de Galicia, que supón por una parte a recodificación dun importante número de postos e por outra unha serie de cambios de adscrición, como os do persoal subalterno e dos condutores que pasan a depender da Secretaría Xeral Técnica da Consellería. Indica tamén que as Xefaturas de Sección da Lei 17/89 se abren de A1 a A1/A2 para facilitar que sexan cubertas e da creación dunha praza de Letrado N-26 no Servizo Galego de Saúde.

Seguir leyendo «Reunión previa de modificación da RPT da Consellería de Sanidade»

Comisión de Persoal: Votacións da RPT da Vicepresidencia 1 e Economía e RPT de Sanidade

Achegámosvos un resume do resultado da Comisión de Persoal Extraordinaria celebrada hoxe, na que saíron adiante a RPT da Vicepresidencia 1ª e consellería de Economía, Industria e Innovación, co voto en contra de CSIF, e a RPT de Sanidade, coa abstención de CSIF.

Seguir leyendo «Comisión de Persoal: Votacións da RPT da Vicepresidencia 1 e Economía e RPT de Sanidade»