Alegacións ao borrador da Comisión de seguimento de Intruccións de vacacións, licenzas e permisos

comisión de traballo

Alegacións ao borrador de acordo polo que se constitúe a comisión de seguimento sobre a aplicación das instruccións sobre o réxime de vacacións, permisos e licenzas, aprobadas por resolución do 24 de febreiro de 2016.

Tras a reunión mantida onte co D.X. de Función Pública para a formalización do acordo para a constitución da citada Comisión de Seguimento, dende a CSI•F e á vista do último borrador facilitado por esa Dirección Xeral, formulanse as seguintes ALEGACIÓNS:

  1. Modificación do apartado relativo á composición da comisión¸ por parte das organizacións sindicais. No borrador establecese que cada unha das Organizacións Sindicais poderá acudir ás reunións da Comisión asistidos dun “empregado público” con voz e sen voto. Dito termo debe ser modificado polo de “asesor”. En ningún caso a Administración é quen de limitar a condición ou a figura dos asesores das organizacións sindicais. O interlocutor coa Administración é, evidentemente, o representante sindical. Pero a capacidade de designar aos asesores compete en exclusiva ás ditas organizacións, con independencia de calquera vínculo xurídico-laboral, xa coa Administración xa coa organización sindical. Calquera limitación neste sentido considerase perversa, maliciosa e inxustificada.
  2. Dentro das funcións da comisión, entendemos que a Comisión ten como misión principal establecer unha interpretación homoxénea das instrucións para evitar que se produza unha aplicación diversa das mesmas en función de que consellería aplique a norma, pero entendemos que ten que ter tamén unha capacidade de decisión e, en consecuencia, capacidade de modificar as instrucións en todo aquilo que sexa necesario para a correcta e homoxénea aplicación das mesmas. Noutro caso esta comisión nacería valeira de contido.

Santiago de Compostela, 6 de abril de 2016