Un informe da UE reforza a denuncia dos FISP sobre a falta de controis da Xunta na calidade das augas de baño

Informe UE playas La Voz de GaliciaOs medios de comunicación recollen hoxe o informe da Comisión Europea e a Axencia Europea de Medio Ambiente sobre a deficiente calidade das augas de baño en moitas zonas de Galicia, informe que reforza a denuncia realizada polos Farmacéuticos Inspectores de Saúde Pública (FISP) sobre as numerosas praias (de coste e fluviais) que esta tempada estival non serán aptas para o baño pola neglixencia, os recortes e a pasividade da Xunta de Galicia.

Segundo o informe, Galicia rexistra 33 puntos negros, 23 na costa e 10 en cursos fluviais ou encoros, onde o baño non sería recomendable. Das 29 praias con auga de calidade pobre en España, 23 están na nosa comunidade autónoma.

Na información de La Voz de Galicia sosténse que «o preocupante é que a calidade insuficiente das augas nestes puntos se mantén desde hai polo menos cinco anos, situación que forza a desaconsellar o baño, segundo os criterios da Comisión. En todo ese tempo, a comunidade galega non foi capaz de mellorar a salubridade destas zonas, situadas moi a miúdo en rías moi urbanizadas, sobre as que a propia UE puxo sobre a mesa as necesidades de saneamento».

Este informe reforza a denuncia dos FISP, dependentes de Sanidade, quen controlan as condicións higiénico-sanitarias das praias, incluida a recollida de mostras, en concordancia co esixido na normativa europea. Os recortes en medios e en persoal (pasouse dun servizo con 100 inspectores en 2006 a ter agora 62) reduce a perioricidade e a calidade dos controis, co risco que iso conleva para a saúde dos cidadáns.

Desde o pasado día 18, CSI-F, CCOO, UGT e CIG convocamos a folga deste servizo para reclamarlle á Xunta que cumpra coa súa obriga de velar pola saúde pública ambiental e poña os medios persoais e materias necesarios para iso.

En El Correo Gallego relacionan a información da UE co inicio da recollida de mostras cos farmacéuticos en folga indefinida.

 

 

 

Categorías Sin categoríaEtiquetas