Acordo para as persoas integrantes das listas en postos non vacantes e con permiso por parto

Paternidad, maternidadEn aplicación do acordo adoptado na reunión da Comisión permanente do 25 de abril, recollido no apartado oitavo da acta número 103, sobre a elaboración dun texto que recollese a decisión da Comisión de que as persoas interesadas non perdan a opción de mellora por non acudir a unha citación mentres estean de permiso de parto, proponse e apróbase por unanimidade a seguinte redacción:

As persoas integrantes das listas que estean a desempeñar un posto non vacante e atópense disfrutando dun permiso por parto, adopción ou acollemento e lles sexa ofertado un posto vacante como mellora, se non comparecen á citación non lles será consumida a opción de mellora.

 As persoas interesadas deberán presentar, segundo o caso, a seguinte documentación xustificativa: a mesma que se esixe no anexo II da Resolución do 24 de febreiro de 2016, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se ditan instrucións sobre o réxime de vacacións, permisos e licenzas (DOG nº44, do 4 de marzo), para o permiso de parto e para o permiso por adopción ou por acollida preadoptiva, permanente ou simple.

En concreto:

  1. Suposto de parto: certificado médico oficial, certificado do nacemento do Rexistro Civil ou presentación do libro de familia que acredite a data en que se produciu o nacemento.
  2. Adopción ou acollida preadoptiva, permanente ou simple: resolución administrativa ou xudicial da adopción ou da acollida, na cal conste, se é o caso, o carácter internacional da adopción ou da acollida.

Esta acordo amplía o adoptado con anterioridade na comisión do 13 de marzo de 2007, acta número 4, no que se acordaba incluír entre os casos nos que se apreciará a forza maior para os efectos de que non sexa de aplicación o artigo 15 do decreto 37/2006, os seguintes supostos:

  • CITACIÓNS POR MELLORA DE POSTO.

Será necesario presentar a seguinte documentación: parte de baixa ou certificado de ingreso hospitalario.

Efectos da reclamación en tempo e forma: estimaranse as reclamación que cumpran os requisitos sinalados.