Na xuntanza coa Secretaria Xeral Técnica e responsables da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio déusenos traslado das alegacións que foron aceptadas:
1.- Apertura a outras administracións de diversos postos.
Polo que respecta ás nosas alegacións ao respecto da apertura de postos para a súa provisión por persoal doutras administracións, a Consellería só modifica dous postos, o de Vicesecretaria/o Xeral e o de Subdirector/a Xeral de Réxime Xurídico e de Coordinación Administrativa e da Planificación. Este dous postos estaban abertos ao código A11 e polo tanto a súa provisión por persoal da Administración Xeral do Estado, doutras comunidades autónomas e da Administración Local. A Administración considera que o resto dos postos das Xefaturas Territoriais e dos servizos dependentes da S.X. de Ordenación do Territorio e Urbanismo, manexan unha materia “claramente vencellada a Administración Local” e polo tanto, manteñen a apertura prevista.
Rexeitamos que estes postos permanezan abertos para a súa provisión por persoal doutras administracións, e reclamamos que se acompañe dun certificado, que se incorpore ao expediente, expedido pola Dirección Xeral da Función Pública, de que non se supera o 7% establecido no artigo 38.5 da lei 2/2015 do emprego público de Galicia, e no caso de que a porcentaxe sexa superior, información ao respecto do correspondente convenio asinado en termos de reciprocidade coas administracións das que se trate.
2.- Parque Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas.
A consellería segue propoñendo poñer en marcha a relación de postos de traballo respecto ás prazas a ocupar por persoal funcionario, e deixar para outro momento as prazas de persoal laboral.
3.- Cambios derivados da adaptación de postos ás escalas da Administración Especial.
Aínda non se considera pechado este punto, xa que a Secretaria Xeral comprométese a revisar esta adaptación e as titulacións ás que se abre cada un dos postos es discusión. Dende a CSI•F consideramos que non se debe vincular que cada posto só poda ser provisto por dúas titulacións por unha cuestión de comodidade e mellor manexo da información nos concursos, xa que hai escalas creadas pola Lei de Emprego Público de Galicia, como é o caso da Escala de Ciencias, que inclúen tres titulacións (Biólogos, Químicos e Ciencias do Mar), que en moitos casos poderían desenvolver as funcións dun postos indistintamente.
4.- Retírase como mérito o código 020, representativo de “coñecementos de informática a nivel usuario” pola súa obvia caducidade, de todos os postos agás do MA.00.003.15770.004, correspondente a un posto de Secretario/a de Subdirector/a Xeral, por causa de que está incluído no concurso de corpos xerais pendente de resolución e podería supoñer unha alteración da baremación para o dito postos.
5.- AMORTIZACIÓNS.
Infórmasenos de que se modificará a memoria explicativa das modificación co fin de incluír claramente aquelas prazas que chegaron á nova CMAOT sen dotación orzamentaria. Ademais elimínase da proposta de amortización un total de 5 postos de axente, que serían os seguintes:
Código do posto | Denominación | Nivel | Subgrupo | Corpo | Adscrición | DISTRITO |
MAC993005015910004 | AXENTE | 14 | C1-C2 | AEF/EAFM | AXG | V- FISTERRA |
MAC993006227470003 | AXENTE | 14 | C1-C2 | AEF/EAFM | AXG | MARIÑA ORIENTAL |
MAC993012132001005 | AXENTE | 14 | C1-C2 | AEF/EAFM | AXG | OURENSE-CELANOVA |
MAC993012232430005 | AXENTE | 14 | C1-C2 | AEF/EAFM | AXG | ALLARIZ-MACEDA |
MAC993011923659006 | AXENTE | 14 | C1-C2 | AEF/EAFM | AXG | CALDAS-SALNÉS |
6.- Posibilidade de apertura de postos a funcionarios da escala de inspección urbanística.
- A apertura de postos á escala de inspección urbanística faise de xeito que os funcionarios da rama técnica (arquitectura) da dita escala poden optar aos postos de xefatura de servizo técnicas da Secretaria Xeral en Servizos centrais, e nas xefaturas provinciais, en cambio, poderán optar ás ditas xefaturas de servizo tanto os pertencentes á rama técnica (arquitectura) como á rama xurídica. Esta diferencia xustifícase en base á existencia en servizos centrais dun servizo xurídico para aquelas cuestións xurídicas necesarias, mentres que nas xefaturas territoriais ante a inexistencia dos ditos servizos xurídicos poden ser necesarios ambos perfís.
- Aínda entendendo a necesidade dunha parte técnica e de outra xurídica para o desenvolvemento das funcións de inspección urbanística, o que parece máis cuestionable é que non sexa necesaria igualmente nas xefaturas territoriais. Dende a CSI•F non apoiamos a diferente provisión para postos co mesmo contido e coas mesmas funcións e responsabilidades.
7.- Engádense os pluses de perigosidade, toxicidade e penosidade para os seguintes postos de analista de laboratorio:
Código do posto | Denominación | Grupo | Categoría | Centro de destino |
MAC050040115001024 | ANALISTA DE LABORATORIO | III | 17 | Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia (A Coruña) |
MAC050040136001010 | ANALISTA DE LABORATORIO | III | 17 | Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia (Pontevedra) |
Dende a CSI•F reclamáramos tamén a inclusión dos ditos pluses para ás prazas con código de posto MAC991000232001028 e MAC991000232001030, correspondentes a Titulados/as Superiores Ambientais, así como a aquelas outras que desenvolvan as mesmas ou semellantes funcións, alegación que non foi atendida.