Reunión da Comisión de Persoal, na que se abordaron a RPT de Agadic e os concursos de traslados

NOTA INFORMATIVA DA COMISIÓN DE PERSOAL – 6 DE XULLO DE 2015

Comisión de persoalHoxe celebrouse a Comisión de Persoal, cos seguintes puntos da orde do día:

Punto primeiro: Lectura e aprobación das actas núm. 5, 6 e 7 das sesións anteriores.

Dende CSI•F admitimos as actas remitidas coa modificación na acta núm. 5/2016 no parágrafo correspondente ao punto terceiro, ‘Rogos e preguntas’ onde solicitamos que se fagan as seguintes modificacións: » A representante da CSI•F solicita que se inclúa na orde do día da próxima mesa xeral a negociación das reivindicacións laborais do persoal farmacéutico inspector de saúde pública, e pregunta polo proceso de integración do persoal da GAIN en curso. A representante da Consellería de Economía, Emprego e Industria, responde que están analizando toda a documentación e as solicitudes presentadas, para remitir, en canto sexa posible, as propostas á DX de Función Pública. Tamén se pregunta dende a CSI•F polo proceso de integración do persoal de Xestur ao que se responde que no mesmo día de hoxe hai unha xuntanza prevista para tratar do borrador da orde de integración e da negociación do convenio colectivo».

Punto segundo: Informe sobre a proposta de creación da RPT da Axencia Galega de Industrias Culturais (AGADIC).

Na porta da EGAP houbo unha concentración das Centrais Sindicais presentes na Comisión de Persoal para manifestarse en contra da proposta de creación desta RPT.

Dende CSI•F non estamos de acordo coa modificación desta RPT por:

  • A amortización de prazas que están ocupadas por persoal temporal, como por exemplo o técnico de máquinas e outros.
  • A non inclusión do «posto reservado ao proceso de consolidación» da praza de titulado de grado medio, grupo III, categoría 7, código ED.A01.00.00115770.025. El informe de la Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa que así llo recoñece.
  •  A non apertura do posto de xefe de sección de Centro Galego de Artes e Imaxe aos subgrupos A2 e C1.
  • Limitación por parte de Función Pública dos postos directivos aos grupos A1 e I, cando na proposta de AGADIC os abría a máis grupos (A2 e C1)

Polo tanto o noso voto vai a ser EN CONTRA da proposta de creación desta RPT así como do resto de centrais sindicais presentes (CIG, CCOO e UGT).

Punto terceiro: Dar conta a esta comisión sobre a licenza para a participación en proxectos ou programas de cooperación ao desenvolvemento e de acción comunitaria.

Dende CSI•F, ao igual de CCOO e UGT, solicitamos que incorporen ó persoal laboral fixo e que se faga extensible este dereito a este persoal. Dende Función Pública non ve reparos ao alegado.

Punto cuarto: Dar conta a esta comisión sobre o acordo do día 30 de xuño de 2016 entre DXFP e as OO.SS CIG, CCOO, CSIF e UGT polo que se modifica o segundo parágrafo da instrución cuarta das Instrucións do Acordo para o acceso á xubilación parcial e o contrato de remuda do persoal laboral do V Convenio colectivo único da Xunta de Galicia (DOG 19/09/2013).

Dase conta da proposta feita pola CSI•F no seo da comisión de seguimento do acordo para o acceso á xubilación parcial e o contrato de remuda, na que denunciamos o grave prexuízo que se causa a todas aquelas persoas que están a expectativa nas listas de contratación cando se acude o Servizo Público de Emprego para a selección dun novo remudista cando por calquera causa se extingue o contrato de remuda anterior, por iso o pasado 30 de xuño asinamos o presente acordo.

CSI•F indica que no propio texto detectouse un erro na denominación do servizo de intermediación laboral en donde di «Servizo Galego de Colocación» debería de dicir «Servizo Público de Emprego de Galicia», polo que se subsanará este erro.

Punto quinto: Rogos e preguntas

  1. Concurso de traslados do persoal funcionario:

Segundo Función Pública, onte remataronse os traballos no seo da Comisión de Baremación. Neste mes e sen precisar a data, publicaranse as puntuacións definitivas e tamén sen precisar a data, en setembro será a toma de posesión, previsiblemente na semana posterior a do 15-S.

  1. Concurso de traslados do persoal laboral dos grupos IV e V:

O pasado 6 de xuño houbo unha xuntanza do Comité Intercentros coa DX de Función Pública e donde se trataron varios temas e un deles era sobre a previsión do concurso de traslados do persoal laboral dos grupos IV e V e que para o mes de xuño teriamos unha xuntanza específica para tratar este tema. A vista de que a previsión é que se convoque anteriores as eleccións autonómicas e como xa hai unha data que oscila a mediados de outubro, preguntamos se Función Pública segue tendo a mesma previsión de convocatoria antes das eleccións e cando poremos ter en man as bases e prazas que afectarán o concurso.

Dende Función pública informase que será en xullo cando se terá unha reunión para falar das bases e a negociación será posterior a finalización do concurso de funcionarios.

  1. Proceso selectivo de veterinarios:

As bases do proceso selectivo de veterinarios poden remitilas neste mes. As bases do concurso será parella á do proceso de biológos do 2013 e falta por concretar o tipo de exame/s.

  1. Outros asuntos pendentes:

Neste mes trataranse outros asuntos pendentes de negociar como é RPT de Cultura, Decreto de investigadores, bases dos procesos selectivos de gardacostas e delineantes.