Resumo da xuntanza do día 2-02-2017 entre o subcomité de EPIS de Medio Rural e a Dirección Xeral de Montes.
Temas a tratar:
1º- Uniformidade axentes medio ambientais/forestais.
Seguimos solicitándolle a consellería de Medio Rural e Man a necesidade de dotar os axentes con unha uniformidade acorde a súa condición de policía administrativa e xudicial xenérica. Estase a elaborar un borrador de orde de uniformidade, para que na próxima licitación de roupa estea todo xa regulado. Por parte de CSIF entregámoslles un borrador por rexistro coas nosas propostas.
A administración despois de varias xuntanzas de traballo comunícanos que sería máis doado facer melloras no actual uniforme, os representantes sindicais opuxémonos argumentando que queríamos unha regulación da uniformidade (igual que outros colectivos como Garda Costas) e un uniforme con novos materiais e distintivos adaptados a realidade actual. Quedamos en volver xuntarnos o próximo día 10-02-2017, para xa rematar o borrador.
2º- Renovación de vehículos en alugueiro.
Coméntamos a administración que teñen a necesidade de renovar soamente os vehículos en alugueiro, por ter xa rematado o contrato e que están mirando entre tres modelos existentes no mercado (que teñan caixa redutora), CSIF plantexoulles a necesidade de alugar ou mercar máis vehículos (dado o estado e quilometraxe dos actuais) e xunto cos outros representantes sindicais solicitámoslles que os novos vehículos non foran todo-camiño senón todo-terreo e que tiñan que cumprir unha serie de condicións de seguridade e dotación, para que conste no pliego de condicións técnicas (como son a altura do vehículo o chan, cabrestante, botiquín, extintor, gancho de remolque, rotativos V1, etc). Tamén lle dixemos que os vehículos tiñan que ir debidamente identificados como vehículos de axentes ( escudo nas portas, identificación do colectivo, etc). A resposta da administración foi tomar nota de todo que lles propuxemos e que o tiñan que consultar, poñendo bastantes trabas a que os vehículos levaran rotativos azuis V1 (como manda a directiva europea para vehículos policiais e de emerxencias), alegando problemas legais, homologación e de custo.
Dende CSIF recordámoslles a lexislación vixente na materia e que xa había varias sentenzas favorables o respecto, tamén que ditos vehículos licitados para axentes non foran parar a outras mans como xa ten acontecido. A impresión que nos deu e que non están pola labor en ningún dos dous puntos tratados e que o final farán o que eles queiran, como sempre.
Tamén, visto a disposición que tiñan, subimos a pedirlle unha reunión urxente co Director Xeral de Montes para tratar estes temas e outros de actualidade.
Para máis información dirixirvos os vosos representantes de CSIF:
- Rubén Pardo (Ourense) 639202947 e Roberto González (Lugo) 689665627.