Proposta de modificación da RPT da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

A modificación da RPT da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio ven xa de maio de 2016, cando se comezou unha negociación da que se nos comunican agora, marzo de 2017, novos cambios.

O máis transcendente fai referencia á aqueles que se realizan a petición da D.X. de Función Pública, que introduce nesta RPT por primeira vez as previsións relativas á creación de áreas funcionais que terminarán por incorporarse a todas as relacións de postos de traballo da Xunta de Galicia.

Debido a estes cambios, e a que a regulación, definición e aplicación das ditas áreas funcionais se nos comunica na xuntanza, ábrese un novo prazo de alegacións ata o luns ás 15.00 horas.

É polo tanto a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio a primeira que se fai con completa adaptación a nova Lei de Emprego Público de Galicia, tras as modificacións sufridas pola mesma por medio la Lei de medidas fiscais e Administrativas, aprobada como acompañamento á Lei de Orzamentos para 2017.

As modificacións xiran en torno a tres cuestións:

  1. Adaptar os postos de xefatura de servizo de nivel 28 ás previsións da LEPG, cambiando a súa forma de provisión á de Concurso Específico.
  2. Adaptar os postos da RPT as novas escalas e titulacións.
  3. Incorporación de las áreas funcionais a las RPT.

Polo que se refire ás áreas funcionais, recollen aqueles postos de traballo con características similares, de xeito que permiten simplificar os méritos para todos os postos sas RPTs. Son un total de 5: A Área contratación, a de Xestión Económica e Orzamentaria (que inclúe postos de xestión económica e contable), a Área de Persoal (nóminas, Seguridade Social e Prevención de Riscos Laborais) , Xurídica (elaboración de disposicións de carácter xeral) e Inspección, todas elas en referencia aos postos de administracións xeral, porque nos de administración especial xa están as correspondentes escalas.

Dende a D.X. de Función Pública, xa se fixo unha proposta de modificación de RPT de todas as consellerías no sentido de que no mes de maio deste 2017 podan estar incorporadas a todas elas as áreas funcionais referidas. Así pretende darse un criterio homoxéneo a todos os postos incardinados nunha mesma área funcional de cara aos concursos de traslados, facendo desaparecer os méritos por posto, que agora o serán da correspondente área.

Para regular esta cuestión de cara aos novos requirimentos das relacións de postos de traballo, prevese a publicación dunha Orde aprobada polo Consello da Xunta que parece que non chegara a tempo para a modificación desta RPT.

No caso de aqueles postos que non estean clasificados en ningunha das áreas funcionais creadas, a acreditación da experiencia ou das funcións desenvolvidas, farase como ata o de agora, por medio de acreditación do xefe da correspondente unidade.

Polo que se refire á RPT da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, comunícanse os seguintes cambios:

  1. Con respecto á xefatura de área de Parques Naturais de Ourense, se elimina a apertura desta praza á titulación de Veterinarios, e queda para a súa provisión por titulados/as en Bioloxía e Enxeñaría de Montes.
  2. Adaptación dos postos á estrutura deseñada no decreto 167/2015, polo que se establece a nova estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.
  3. Adaptación ás áreas funcionais, que implantan por unha parte a limitación da provisión dos postos a un máximo de dúas escalas e a eliminación do todos os méritos dos posto base.
  4. Elimínase a provisión por Libre Disposición da xefatura de servizo de caza e pesca fluvial, dependente da Subdirección Xeral de Biodiversidade e de Recursos cinexéticos e Piscícolas en Servizos Centrais.
  5. Elimínase a amortización dun postos base do subgrupo A1.
  6. Tamén se nos informa de que hai dúas prazas correspondentes so cumprimento de sentenzas de persoal indefinido non fixo que non se crean, porque un dos interesados renunciou á dita praza e a outro foille concedida unha incapacidade.

En todo caso, aproveitaremos o novo período de alegacións para reiterar todas aquelas peticións que non foron atendidas.

Preme aquí: Alegacións RPT – xuño 2016

Preme aquí: Nota informativa xuntanza RPT – xullo 2016

Categorías RPT