Alegacións á proposta da DXFP sobre os baremos para concursos de traslados de persoal funcionario

ALEGACIONS Á PROPOSTA DE FUNCIÓN PÚBLICA SOBRE BAREMOS PARA CONCURSOS DE TRASLADOS DE PERSOAL FUNCIONARIO DA XUNTA DE GALICIA

Con carácter previo e á vista de que os dous principios negociadores aducidos dende a Función Pública son os simplicidade e legalidade, maniféstamos que estando de acordo na aplicación dos mesmos nos poder en ningún caso ir en prexuízo do persoal funcionario no sentido que non se lle recoñezan a totalidade dos seus méritos, facendo prevalecer a forma sobre o fondo.

En canto ao principio de legalidade anunciado pola DXFP mencionar que, dado que está anunciada a tramitación inminente dun novo Decreto de Provisión de Postos de Traballo coa conseguinte derrogación do Decreto 93/91 non parece moi axeitado negociar uns criterios que poden ser mudados co novo Decreto.

*(O que vai en cor verde son as alegacións presentadas pola CISF)

PERSOAL FUNCIONARIO
PROPOSTA DE BAREMO ADMINISTRACIÓN XERAL PARA POSTOS NON ADSCRITOS A ESCALAS
1. Antigüidade (servizos prestados nas Administracións públicas):

Por cada ano de servizos ou fracción superior a 1 mes como funcionario/a: 0,015 puntos.

A puntuación máxima da base XXX.1 será de 6’5 puntos.

Para estes efectos computaranse os servizos recoñecidos polo órgano competente de conformidade co establecido na Lei 70/1978, do 26 de decembro, de recoñecemento de servizos prestados na Administración pública.

2. Méritos específicos adecuados ás características do posto de traballo:

2.1 Por cada ano ou fracción superior a 6 meses de experiencia que se especifique adquirida coa condición de funcionario/a en postos de traballo pertencentes á mesma área funcional ca do posto solicitado: 0,25 puntos.

2.2 Por estar en posesión da titulación académica que especificamente se mencione na RPT para o posto de traballo: 1 punto. No caso de que se mencione máis dunha titulación só se valorará unha.

2.3 Por estar en posesión do nivel de coñecementos da lingua estranxeira que se especifique para o posto de traballo, acreditado segundo o Marco Europeo Común de Referencia para as linguas (MECR): 1 punto. No caso de que se mencione máis dun idioma só se valorará un.

2.4 Por estar en posesión do permiso de conducir valorable para o desempeño do posto de traballo: 0,75 puntos.

Para o suposto de coñecementos de idiomas acreditados por medio de títulos expedidos por centros oficiais ou homologados as equivalencias deberán ser aportadas polas persoas interesadas para os efectos de que este apartado sexa obxecto de valoración.

A puntuación máxima da base XXX.2 será de 3,5 puntos.

CSIF entende que deben eliminarse os méritos específicos toda vez que os mesmos xa forman parte dos requisitos esixidos para o desempeño do posto e que o computo dos mesmo suporía o establecer postos de traballo para perfís persoais concretos.

Con respecto á vinculación da experiencia ás áreas funcionais, entendemos que supón unha limitación arbitraria á carreira profesional e mobilidade dos funcionarios.

3. Grao persoal.

Polo nivel mínimo 10 de grao consolidado e formalizado recoñecido respecto de cada subgrupo profesional: 1 punto.

Por cada unidade de nivel que exceda de 10 do referido nivel mínimo: 0,15 puntos

Coa da proposta da DXFP prodúcese unha disfunción segundo o subgrupo profesional do que se parte. Se a pretensión é valorar a adquisición dun maior grao persoal débese partir de asignar unha puntuación mínima referida ao grao persoal mínimo de cada subgrupo e unha puntuación adicional similar por cada grao consolidado. O contrario sería unha inxustiza ao penalizar a un funcionario por razón do subgrupo profesional cando o que se pretende valorar con esta base é o desenvolvemento profesional e a consolidación dun grao persoal.

A puntuación máxima da base XXX.3 será de 5 puntos.

No suposto en que os/as funcionarios/as non teñan recoñecido ningún grao persoal ou este sexa inferior a 10 computarase, para os efectos de puntuación nesta epígrafe, o nivel mínimo correspondente ao intervalo de niveis do grupo ao que pertenza o funcionario.

4. Traballo desenvolvido, tempo transcorrido dende o último posto de traballo obtido con carácter definitivo e medidas de conciliación laboral e igualdade de xénero.

4.1. Traballo desenvolvido.

4.1.1. Só se computará o traballo desenvolvido coa condición de funcionario/a   nos distintos grupos.

4.1.2. A determinación da puntuación realizarase a partir do cálculo do nivel de destino medio dos postos de traballo desempeñados como persoal funcionario durante a totalidade dos períodos de traballo desenvolvidos. Para os efectos de determinar o nivel de destino medio a contabilización dos períodos de traballo desempeñado realizarase en días.

Se o nivel medio de destino obtido consecuencia do cálculo tivese un valor decimal superior a 0,5 este redondearase ao alza.

Polo nivel 10 de destino medio: 1 punto.

Por cada unidade de nivel que exceda de 10: 0,10 puntos

A puntuación do traballo desenvolvido realizarase atendendo ao posto ou postos de traballo efectivamente desempeñados, computándose, para estes efectos, o traballo desenvolvido na situación de comisión de servizos ou adscrición provisional.

4.2. Tempo transcorrido dende a última adxudicación dun posto con carácter definitivo:

Por cada ano ou fracción superior a 6 meses de tempo transcorrido dende a última adxudicación dun posto con carácter definitivo do corpo ou escala dende o que participa: 0,15 puntos.

Exclúense da puntuación os dous anos de permanencia obrigatoria se o último posto adxudicado con carácter definitivo se obtivo polo sistema de concurso, e os dous primeiros anos se o último posto adxudicado con carácter definitivo se obtivo polo sistema de libre designación.

4.1. Traballo desenvolvido:

4.1.1. Só se computará o traballo desenvolvido coa condición de funcionario/a nos distintos grupos

4.1.2. A valoración efectuarase consonte os seguintes criterios:

a) Por cada ano ou fracción superior a 1 mes de traballo desenvolvido, sempre que o posto solicitado sexa inferior ao posto desempeñado en máis de dous niveis: 0,040 puntos.

b) Por cada ano ou fracción superior a 1 mes de traballo desenvolvido, cando o posto desempeñado e o solicitado teñan igual nivel ou o posto solicitado sexa inferior ao posto desempeñado ata dous niveis: 0,030 puntos.

c) Por cada ano ou fracción superior a 1 mes de traballo desenvolvido, sempre que o posto solicitado sexa de nivel superior ao desempeñado: 0,020 puntos.

4.1.3. O traballo desenvolvido na situación de comisión de servizos puntuarase como realizado no posto de orixe do/a funcionario/a.

A puntuación máxima da base 4.1 será de: 4,4 puntos.

4.2. Tempo transcorrido desde a última adxudicación dun posto con carácter definitivo: 4.2.1 Polo tempo transcorrido desde a última adxudicación dun posto con carácter definitivo do corpo ou escala desde o que participa outorgaranse 0,15 puntos por cada ano ou fracción superior a 6 meses.

A puntuación máxima da base 4.2 será de:1,5 puntos.

4.2.2. Exclúense da puntuación os dous anos de permanencia obrigatoria se o último posto adxudicado con carácter definitivo se obtivo polo sistema de concurso, e os dous primeiros anos se o último posto adxudicado con carácter definitivo se obtivo polo sistema de libre designación

4.3. Medidas de conciliación e de igualdade de xénero

4.3.1. Outorgaranse 0,5 puntos para acceder aos postos situados na localidade onde radique o posto de traballo do cónxuxe ou parella de feito sempre que o solicitante non teña destino definitivo nesa mesma localidade. Esta circunstancia xustificarase documentalmente xunto coa solicitude de participación no concurso nos termos establecidos na base XXX.5

4.3.2. Outorgaranse 0,5 puntos para acceder aos postos situados na localidade onde radique o centro de estudos en que estea matriculado un/unha ou máis fillos/as menores de doce anos, sempre que o/a solicitante non teña destino definitivo nesa mesma localidade.

Esta circunstancia xustificarase documentalmente xunto coa solicitude de participación no concurso nos termos establecidos na base XXX.6.

A puntuación das alíneas 4.3.1 e 4.3.2 outorgarase con carácter alternativo e nunca acumulativo.

4.3.3. Outorgaranse 0,01 puntos por mes ou fracción de mes aos/ás funcionarios/as que estean gozando ou gozasen nos cinco anos anteriores ao remate do prazo de presentación de solicitudes unha excedencia para o coidado de fillos/as ou familiares. Esta circunstancia, de ser o/a participante funcionario/a da Administración da Xunta de Galicia incluído no ámbito de competencias da Dirección Xeral da Función Pública, apreciarase de oficio.

A puntuación da alínea 4.3.3 non poderá superar os 0,6 puntos

A puntuación máxima da base XXX.4   será de 6,5 puntos.

5. Cursos de formación e perfeccionamento.

Valorarase a asistencia durante os últimos dous anos a cursos organizados e impartidos directamente pola Escola Galega de Administración Pública, escolas oficiais de formación do Estado e das restantes comunidades autónomas, e cursos impartidos no marco do Acordo de Formación para o Emprego das Administracións Públicas (AFEDAP).

Valorarase a asistencia aos cursos organizados, impartidos ou homologados directamente pola Escola Galega de Administración Pública, Escola Galega de Administración Sanitaria, Academia Galega de Seguridad Pública, Instituto Nacional de Administración Pública, escolas oficiais de formación das restantes comunidades autónomas, universidades públicas, Servicios Públicos de Emprego, así como a formación impartida por distintos órganos das Administración Autonómica de Galicia e os cursos impartidos en el marco do Acuerdo de Formación para el Empleo de las Administraciones Públicas (AFEDAP) 

Así mesmo, valorarase a obtención do Certificado Galego de Competencias Dixitais en Ofimática, así como as Titulacións académicas que non foron acreditadas como requisito de acceso ao posto.

Para cada curso de duración igual ou superior a 20 horas dez (10) horas lectivas valoraranse con 0,01 puntos cada hora de formación, ata un máximo de 1 punto por curso.

Para os efectos de puntuación deste apartado estimaranse como valorables as probas de avaliación de carácter libre organizadas pola EGAP ao consideralas equivalentes a un aproveitamento polas horas previstas dos correspondentes cursos organizados e impartidos directamente pola EGAP.

Non se valorará:

  • A asistencia a congresos, xornadas, seminarios, simposios e similares.
  • Os módulos ou partes integrantes dun curso.

A puntuación máxima da base XXX.5. será de 4 puntos.

6. Grao de coñecemento do idioma galego

a) Curso de CELGA 3 ou equivalente: 0,75 puntos.

b) Curso de CELGA 4 ou equivalente: 1,50 puntos.

c) Curso de nivel medio de linguaxe administrativa galega, curso de nivel medio de linguaxe administrativa local galega, curso de linguaxe xurídica galega, ciclo superior dos estudos de galego das escolas oficiais de idiomas ou CELGA 5: 2,25 puntos.

d) Curso de nivel superior de linguaxe administrativa galega ou curso de nivel superior de linguaxe xurídica galega: 3 puntos

En caso de acreditar máis dun grao de coñecemento de galego, só se computará o superior.

Só se lle concederá validez, no que se refire á acreditación do coñecemento do galego, aos cursos, estudos ou titulacións homologadas polo órgano competente en materia de Política Lingüística.

O coñecemento do idioma galego só será obxecto de valoración nesta epígrafe.

A puntuación máxima da base XXX.6 será de 3 puntos.

7. Polo grupo á que pertence o funcionario e desde o que participa no concurso outorgaranse os seguintes puntos:

  • Subgrupo A1: 5 puntos
  • Subgrupo A2: 4 puntos
  • Subgrupo C1: 3 puntos
  • Subgrupo C2: 2 puntos
  • Agrupación profesional de persoal subalterno: 1 punto.

8. A orde de prioridade para a adxudicación das prazas determinarase pola puntuación obtida de acordo co baremo anterior.

Todos os méritos recollidos na base III computaranse ata a data de finalización do prazo de presentación de instancias.

En caso de empate nas puntuacións acudirase para dirimilo á outorgada polos méritos alegados seguindo a orde establecida nas diferentes epígrafes desta base.

De persistir o empate, resolverase pola orde alfabética do primeiro apelido, e de ser igual polo segundo, a partir da letra resultante no sorteo que tivo lugar o día XXXX (DOG nº XX, do XXXX). En último lugar o empate dirimirase por sorteo entre os implicados.

9. A puntuación mínima para poder adxudicar os postos que se ofertan nesta convocatoria é a que para cada un deles se especifica no anexo I.

 Resumo de puntuacións segundo a proposta de CSIF: