Cursos presenciais da CSIF neste ano para a formación en prevención de riscos laborais

DESTINARIOS: traballadores/as dos distintos sectores produtivos de Galicia.

CURSOS

-II Curso de defensa persoal profesional para traballadores/as ante situación de violencia laboral física – 20 hrs.

Cursos realizados co finanzamento da Xunta de Galicia

-Curso de boas practicas para a prevención de riscos laborais no desenvolvemento de tarefas principais e auxiliares de cociña nos centros sanitario, social educativo e/ou comunitario – 16 hrs.

-Xornada técnica práctica para a prevención de riscos laborais froito da violencia e o acoso laboral derivado do emprego das novas tecnoloxías da información e as Redes Sociais– 4 hrs.

-Xornada técnica práctica para a prevención de riscos laborais derivadas do acoso sexual ou por outras discriminacións por razón de xénero no traballo – 5 hrs.

SOLICITUDES

  • A realización do curso está supeditada a que exista o número de alumnos mínimo esixible.
  • Emitirase un diploma para aqueles alumnas/os que asistan con aproveitamento a actividade realizada.
  • Para calquera dúbida deberán de poñerse en contacto con CSIF Galicia en rúa Valiño, 65 (Santiago de Compostela), chamando por teléfono ao 981 560 951 ou enviando un correo electrónico a formacion@csif.gal

CUESTIONARIO DE SOLICITUDE DO CURSO