Reunión para abordar melloras para o colectivo de Axentes Facultativos de Medio Ambiente

Reunión das OO.SS. (1 de agosto 2017) representando ao colectivo de Axentes Facultativos Medioambientais, coa Secretaria Xeral de Medio ambiente, coa Vicesecretaria Xeral e co Xefe de Servicio de Recursos Humanos.

A Secretaria Xeral informa de que, previa consulta a Función Pública dos acordos acadados entre os Sindicatos e Medio Rural para o pago de media dieta este ano como medida transitoria a negociación dun novo acordo laboral, e a subida de niveis, esta Dirección Xeral comunícalle que non é posible levalo a cabo e incluso lle dá dita contestación por escrito, escrito que comprometeuse a enviarnos.

De todos os xeitos, a Secretaria Xeral comprometeuse a asinar os mesmos acordos os que se chegue con Medio Rural.

Ademais, comprometéronse a sentarse na futura Mesa de Negociación tanto con Medio Rural como con Función Pública e mais nós, as OO.SS., para lograr un novo Acordo Laboral e un novo Regulamento.

Informaron tamén de que xa se vai adxudicar en setembro a adquisición de equipos de radio, tanto individuais como de vehículos, 313 en total, para os Axentes de Medio Ambiente, así como de que xa están moi avanzados os pasos para adquirir vehículos para o colectivo, ven sexa a través do Acordo Marco ou a través de Leasing.

Outros compromisos anunciados:

  • Estudar a liberación de datos e de chamadas para os teléfonos móviles dos Axentes.
  • Acudir á mesa para a adquisición de uniformes para os AA.FF.
  • Estudar a proposta de todas as OO.SS. para que os AA.FF. de Medio Ambiente non teñan que pasar a Extinción de Incendios durante a campaña de verán.

En resumo, como sempre, boas palabras pero prácticamente ningunha solución. Dende CSIF non imos parar ata lograr un novo acordo laboral que nos permita cobrar un salario acorde aos tempos e aos novos compromisos profesionais, esperando que sexa co consenso das demais OO.SS.