Ultimas Novas de Función Pública sobre procesos selectivos

Información facilitada polo Director Xeral de Función Pública na Comisión de Persoal celebrada o día 04 de agosto de 2017.

  • Elección de destino Promoción Interna Subgrupo A1: día 08 de setembro de 2017.
  • Repetición do segundo exercicio do proceso selectivo escala delineantes por ter sido anulado por sentencia do TSXG: 01 de setembro de 2017 (afecta a 8 candidatos).
  • Reunión da Comisión de Seguimento de Veterinarios: 8 de setembro de 2017 (coa incorporación de CSIF e CC.OO a dita comisión).
  • Contratación de persoal de reforzo das oficinas de emprego: Entre os meses de setembro e outubro procederase á contratación de máis de 100 persoas.

Cronograma de Procesos Selectivos:

Convocatorias e publicacións.

-Mes de setembro de 2017, as probas selectivas correspondentes a Persoal laboral:

  • Promoción interna e cambio de categoría na categoría 033 (bombeiro/a forestal condutor/a de motobomba) do grupo IV
  • Promoción interna e cambio de categoría na categoría 003 (auxiliar de enfermaría) do grupo IV
  • Promoción interna e cambio de categoría na categoría 001 (camareiro/a limpador/a Axudante/a cociña) do grupo V
  • Promoción interna e cambio de categoría na categoría nas categorías 14 (Bombeiro/a forestal) 14A (Bombeiro/a forestal/condutor), 10B (Vixiante/fixo/a de defensa contra incendios forestais) e 10C (Emisorista de defensa contra incendios forestais), correspondentes ao grupo V.
  • Camareiro/a limpador, acceso libre.

-Entre os meses de outubro e decembro de 2017:

Persoal laboral: Todas as convocatorias pendentes dos anos 2015 e 2016 de, excepto:

  • Auxiliar de enfermería (persoal laboral, acceso libre)
  • Todas as correspondentes a acceso libre do SPDCIF, que serán convocadas na OPE 2017 na escala correspondente de persoal funcionario.

Persoal funcionario:

-Convocatorias que se publicarán a partires do ano 2018:

  • Escala superior de seguridade e saúde no traballo, especialidade seguridade no traballo; especialidade hixiene industrial; especialidade ergonomía e psicoloxía aplicada
  • Corpo de xestión escala técnica de seguridade e saúde no traballo.
  • Corpo facultativo superior escala de saúde laboral.
  • Corpo facultativo grado medio escala tecnica de saúde laboral.
  • Corpo de axudante facultativo da escala de axentes facultativos ambientais
  • Corpo facultativo da escala de delineantes.

NOTA IMPORTANTE:

CSIF non se fai responsable da veracidade das informacións facilitadas polo director xeral de Función Pública. Así mesmo, tampouco se fai responsable do cumprimento dos cronogramas facilitados polo director xeral de Función Pública. Nestas novas simplemente servimos de correa de transmisión aos empregados públicos das informacións facilitadas, sen ter ningunha outra responsabilidade.

É mais, con respecto ao cronograma dos procesos selectivos temos dúbidas serias e razoables do seu cumprimento pero é a nosa obriga transmitir a información.