Os sindicatos, ante a vaga de lumes, pedimos aos Axentes Medioambientais e Forestais que se poñan a disposición dos seus distritos

José Francisco Sánchez-Brunete Varela, Secretario de Organización e Negociación Autonómica de CSIF; Roberto Varela Gestal, Secretario Nacional da CIG-Autonómica, José Emilio Doforno Guzmán, Coordinador do Sector de Autonómica de FSC Galicia de CCOO, e Lino Díaz Goás, Secretario de Autonómica da FeSP-UGT de Galicia.

EXPOMOS:

Facendo un exercicio de responsabilidade coa sociedade galega e, a pesar de non estar de acordo coas condicións de traballo impostas pola Administración, consideramos que ante a situación de emerxencia que se está a vivir na nosa Comunidade Autónoma as Organizacións Sindicais con presenza na Mesa Xeral de Empregados Públicos CIG, CCOO, CSIF e UGT

PEDIMOS:

Ao persoal de Axentes Forestais e Medioambientais que, na medida das súas posibilidades e sempre de xeito voluntario, se poñan a disposición dos distritos para o que sexa necesario.

Santiago de Compostela 15 de outubro de 2017.