Reunión para abordar as subidas das retribucións das gardas e do complemento dos axentes forestais e medioambientais

Reunión (23/10/2017) das organizacións sindicais co Director Xeral de Función Pública, a Secretaria Xeral Técnicada Consellería do Medio Rural  e a Secretaria Xeral Técnica da Consellería do Medio Ambiente para abordar o aumento das retribucións polas gardas dos axentes forestais e facultativos medioambientais e as subidas do complemento específico e dos niveis.

Función Pública amosouse disposto a modificar a Orde do 31/03/2005 e incrementar as retribucións polas gardas nun 50% así como o tempo máximo de ditas gardas, tamén nun 50%. Para iso, dan un prazo para chegar a un acordo, entre o 7 de novembro e o 1 de decembro, para que esta suba entre nos orzamentos do 2018.

Que significa esta proposta a efectos prácticos? Que se pasaría de cobrar 250 euros a 375 euros por mes de gardas (incrementándolle o 50%), o que supón una subida real aproximada de 8 euros por día de garda, sexa laboral ou festivo, é dicir, que suben unos 75 céntimos de euro por hora de traballo. Eso sí, a cambio amplíase o periodo obrigatorio de gardas de catro a seis meses.

A postura da CSIF:

Para CSIF, o acordo é inaceptable neses termos e mantivo unha dura intervención na que acusou á Administración dunha falta total de ética profesional cos traballadores que máis riscos personais asumen no desenvolvemento das súas funcións dentro da Xunta de Galicia. As cuantías presentadas son ridículas e CSIF esixiu que os axentes forestais e facultativos medioambientais non cobren menos que o personal do Servizo de Extinción que máis gañe e que estea baixo a súa responsabilidade xa que nalgúns casos están cobrando, en líquido anual, máis que un axente.

Así mesmo, CSIF reclamou que se abone un precio xusto e real polas gardas, xa que a día de hoxe se cobra 16 euros brutos por día de garda, sexa este laboral ou festivo, o que sumándolle a oferta recibida de 8 euros, serían 24 euros brutos por día, é dicir, menos de 20 euros líquidos por día.

Tamén solicitou unha subida de niveis, aceptando que se negocie a un plazo de dous ou tres anos.

Ante esta proposta e o duro tono, Función Pública matizou e sostivo que o acordo proposto está moi aberto a negociación e a chegar a un punto de unión. Finalmente, a Secretaria Xeral de Medio Rural, a valedora desta reunión, tamén anunciou a boa fe da Administración e insistiu na súa predisposición para negociar.