Reunión sobre a prestación de servizos, vacacións, licenzas e compensacións dos axentes forestais e medioambientais

Nova sobre a reunión (4/12/2017) mantida entre os sindicatos e a Dirección Xeral de Función Pública, a Secretaria Xeral técnica da Consellería do Medio Ambiente, a Secretaria Xeral técnica de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, o subdirector Xeral de Persoal de Medio Rural e co Subdirector xeral de Réxime Xurídico e Relacións Laborais para tratar o Acordo entre a Xunta  a través das Consellerías de Facenda, Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e a do Medio Rural e as Organizacións Sindicais, polo que se establece o réxime de prestación de servizos, horario, vacacións, licenzas e permisos e compensacións a percibir polo persoal da escala de axentes forestais do corpo de auxiliares técnicos da Xunta subgrupo C2, e do corpo técnico de carácter facultativo da Xunta subgrupo C1, e a que percibirá o corpo de axentes técnicos en xestión medioambiental grupo B.

En canto á proposta da Administración, Función Pública argumenta que :

1.- Os niveis son innegociables e non se tocarán salvo situacións excepcionais, e propón que este apartado se leve nunha negociación de carácter xeral.

2.- Está disposta a subir a productividade tanto no complemento específico como nas gardas, aínda que sostén que intentarán ir a un específico paulatino e gran parte do acordo irá en gardas, pero non aclara en que cantidades. Fala dun xeito abstracto dos 400.000 euros que eles ofrecen e  dos oito millóns de euros que din que nos pedimos, o que non é certo. Ao final, nin ata nin desata nada, polo que descoñecemos canto ofrecen. Desde CSIF  entendemos que está á espera de ver ata onde estamos dispostos a chegar os sindicatos. Así, pola súa banda, CC.OO alega que este acordo non é una cuestión económica, que a Administración está a dar un gran paso e que non quere que se entenda que somos uns peseteros, o que para nós non ten lóxica ningunha xa que os acordos necesitan de presupostos. Mentres, a CIG parece contenta e pola nosa parte, só CISF e UGT fomos realmente críticos coa postura da Administración.

3.- O novo periodo extraordinario será de catro meses fixos e máis outros dous en función das circunstancias, que se poderán aplicar no ano ou non.

4.- Está disposta a negociar una segunda actividade ao igual que cos bombeiros forestais, na extinción de incendios.

5.- Queren que se cumpla a normativa en prevención de riscos laborais.

6.-«Intentaremos incrementar a formación do colectivo. Neste tema non se vai a racanear», dixo literalmente, e que cada quen interprete estas palabras.

7.- Sostén que enriba da mesa existen tres opcións: 1ª, acadar un novo acordo; 2ª, seguir co acordo de 2004 que temos neste momento, e 3ª, publicar a Administración a súa proposta de acordo sin máis. CSIF insta a Función Pública a que asuma a responsabilidade, se se atreve, de publicar unilateralmente un acordo que non se consensuou entre todos.

En canto a CSIF, reitera o que xa propuxo:

  1. Subida do complemento específico ao nivel dos gardacostas, é dicir, 200 euros aproximadamente.
  2. 100 euros por día de garda.
  3. Subida de niveis dos 14 e 16 actuais ao 18 , e do 18 actual ao nivel 20 nun período de catro anos, ata 2022.
  4. A segunda actividade para o colectivo de axentes.
  5. Aceptamos os seis meses, catro mais dous, de periodo extraordinario.
  6. Queremos que todo esto, a excepción dos niveis, sexa firmado con data 1 de xaneiro de 2018.

A vindeira reunión coa Administración será o día 14 deste mes de decembro.