Alegacións da CSIF a proxectos de ordes pola que se convocan diversos procesos selectivos correspondentes a Corpos Xerais e Escala de Sistemas da Información das OPE 2017 (acumuladas OPES 2015, 2016, 2017)
Efectúanse alegacións aos seguintes borradores de Ordes de Convocatorias de Corpos Xerais (Subgrupo A1, A2, C2 acceso libre, Subgrupos A1, A2, C1, C2 promoción Interna e A1 e A2 Sistemas de Tecnoloxías de Información)
I.- ALEGACIÓNS COMÚNS DE CARÁCTER XENÉRICO
I.1. SOBRE O SISTEMAS SELECTIVO E TIPO DE PROBAS
1º.- O sistema de selección debe ser en TODOS OS corpos escalas e sistemas de acceso o Concurso-Oposición.
Entendese que o principio de mérito é un principio constitucional que debe terse en conta pola Administración, máxime tendo en conta a periodicidade das convocatorias que se están a convocar. A Administración da Xunta segue a mostrar o seu desprezo polo persoal temporal que esta a formar para logo non ter en conta nunca dita formación como mérito nos procesos selectivos.
E maiormente tratándose duns procesos que supoñen convocatorias acumuladas de 3 OPES (prazas sen convocar dende o 2015) e supoñen tamén a primeira convocatoria de prazas importante dende as ultimas que precederon á etapa de recortes e restricións introducidas dende a Administración pola serie de medidas “anti crisis”, e tendo en conta tamén que ao ser convocatorias das que se fixo uso das listas de contratación temporal, listas cuxo funcionamento está sometido aos principios constitucionais de igualdade, mérito e capacidade.
2º.- Solicitamos que todas as probas sexan tipo test ao fin de rematar coa falta de obxectividade e abuso da doutrina da discrecionalidade técnica que se esta a producir nesta Administración.
O exame test resulta o mais obxectivo e axeitado para determinar os coñecementos dos aspirantes.
O seu uso esténdese dende probas MIR ou similares ata para acceder ás mais prestixiosas universidades do mundo, polo que non entendemos a negativa constante da Xunta en rexeitar dito tipo de proba.
Subsidiariamente, solicitamos que:
- Os exames de desenvolvemento e o práctico sexan substituídos por Exames de Preguntas Curtas de resposta automática e valorizadada aritméticamente na convocatoria.
- Como segunda petición subsidiaria, se solicita que, de persistir a Administración nos exames tipo desenvolvemento, os mesmos sexan situados cronolóxicamente como exame intermedio entre o exame test e o test práctico (coñecemento de lingua galega aparte).
I.2 PROGRAMAS E TEMARIOS
1º.- Pese a o que ven demandado CSIF e pese a que a meirande parte da doutrina científica especializada ven aconsellando, o certo é que ano tras ano as convocatorias de procesos selectivos da Xunta de Galicia amosan un principal método de actualización, tal que é, o engadir a modo de “volcado” as novidades normativas que se van producindo.
E dicir, que as reformas nas diversas convocatorias implican principalmente que os sistemas de acceso inciden na capacidade memorística dos aspirantes, desbotando unha mellora e modernización dos mecanismos de selección actuais, prestando atención a outras alternativas que xa se están impoñendo en outros entornos.
Dende o CSIF non podemos apoiar este tipo de temarios baseados únicamente nas probas memorísticas e que claramente contradin toda a evolución que se está a producir nos procesos de selección de persoal.
E aínda máis. Se xa criticábamos en convocatorias anteriores que se pretendese que o aspirante coñeza toda a normativa en dous niveis de coñecemento, o deseño destes procesos (sobre todo nos Grupos A1 e A2) afonda en dito erro e esixe ao aspirante preparar unha mesma materia non soamente dúas, senón ata tres veces mediante técnicas de estudo totalmente diferentes.
O que entendemos é unha mala praxis. Non se pode exixir un nivel de coñecemento de miles de artigos ao pe da letra (1º Exercicio) e ao mesmo tempo esixir un control global da materia (2º Exercicio) e novamente (e isto é novidade destas convocatorias) esixir outro bloque de materia por técnica memorística para preparar un novo test (3ª exercicio).
E o expoñemos con diferentes exemplos:
O aspirante debe coñecer polo miúdo (xa que no cuestionario de preguntas alternativas que conforma o primeiro exercicio, ditas respostas son a meirande parte das veces copia literal dos textos positivos, variando un simple prazo, unha simple conxunción o unha adverbio de negación) a Lei de Contratos do Sector Público, os Tratados da Unión Europea ou a Lei de Xurisdición Contencioso Administrativo. Ao mesmo tempo, esas mesmas materias esíxense como tema de desenvolvemento, polo que unha vez superado o test, o aspirante ten que voltar sobre o mesmo para efectuar outro tipo de exame (a ninguén que teña preparado unha oposición se lle escapa que non resulta o mesmo disertar sobre as institucións europeas durante 10 folios que coñecer con puntos e comas a totalidade dos tratados).
Se isto xa era excesivo, a volta de torca da nova convocatoria, esixe, ao negarlle a posibilidade ao aspirante poda acudir ao manexo de textos lexislativos durante o exercicio práctico que novamente (e por terceira vez) teña que acudir á memorística pura e dura para resolver o suposto práctico.
E cun corolario brutal engadido. Desta vez (especialmente no Grupo A1) a esixencia memorística raia o imposible, ao engadir á convocatoria a necesidade de coñecer polo miúdo absolutamente toda a normativa autonómica. Xa que o bloque de Administrativo especial esíxese no suposto “práctico” test. Así un simple tema como o tema 96 pode supoñer a esixencia de coñecer centos de artigos (toda a normativa de Servizos Sociais galega), o tema 100, require coñecer os case que 200 artigos da Lei de Montes de Galicia, os da Lei de Incendios, os da Lei de Montes Veciñais en Man Común, o seu decreto de desenvolvemento….) e así sucesivamente por non cansar con mais exemplos.
En definitiva, o que era unha oposición de 90 ou 55 temas ata o ano 2000, foi crecendo ata converterse nunha oposición de 135 ou case que 100 temas e un anexo lexislativo que esixía coñecer entre 2000 e 3000 artigos durante estes anos, e en lugar de como apuntan todas as tendencias a medir capacidades ou habilidades, pasa a converterse nunha proba imposible (non vamos a contabilizar o número de Leis o Artigos que se poden esixir, pero seguro que pasa dos 10.000), o que en definitiva leva a que as probas selectivas teñan mais un compoñente de sorte ou “azar” que medir unhas capacidades reais de esforzo e formación.
Por poñer outro exemplo, no Grupo A2, xestión do Estado a oposición convocada recentemente por Resolución do 25.01.18, conta cun temario inferior aos 70 temas, e con exames que liberan materia.
Se un proceso selectivo estrutúrase en tres exercicios, non resulta razoable que os tres midan a capacidade memorística pura e dura dos aspirantes. Cada proba debe estar orientada a un tipo de destreza ou habilidade diferente.
3º.- Por iso dende o CSIF, solicitamos cambios nas probas que desenvolveremos na parte de alegacións específicas.
II ALEGACIÓNS COMÚNS DE CARÁCTER CONCRETO AOS TEXTOS
1º.- Na Base I.1.1. sinálese que as prazas reservadas para as persoas con discapacidade que queden desertas non se acumularan ás de acceso xeral.
Dado que o grao de cobertura destas prazas esta en torno ao 33% na Administración da Xunta de Galicia, e se ben esta OOSS se postula como é de sobras coñecido a favor da inserción das persoas con discapacidade, solicítanse dous extremos.
- A obriga por parte dos Tribunais de Selección de acudir ás medidas de discriminación positiva legalmente existentes para implantar o corte diferenciado e aumentar a porcentaxe de cobertura de dita quenda.
- A convocatoria de Procesos Independentes unha vez se acumulen un número mínimo a determinar pola Administración, de prazas non cubertas
2º.- Na Base II.2 da texto da Base da Orde dos procesos do Corpo Superior e bases análogas solicítase a seguinte redacción
“O resultado final do proceso selectivo virá determinado pola suma das puntuacións obtidas en cada un dos exercicios da fase de oposición. O resultado final do último exercicio é independente do resultado final do proceso selectivo. Non poderán superar o proceso selectivo un número superior de aspirantes ao de prazas convocadas.
3º.- Na Base III.7. Proponse engadir un punto segundo:
“En todo caso, excepción feita dos exames de corrección automatizada, o Tribunal Cualificador, en reunión previa ao comezo da corrección dos exercicios deberá deixar constancia en Acta dos contidos mínimos necesarios exixibles para a acadar a puntuación mínima, con mención dos criterios de corrección, o método de aplicación dos referidos criterios, os criterios de ponderación para asignar as puntuacións parciais e as fontes de coñecemento no que se sustenta a referida corrección.”
4º.- Base III.9. O nomeamento de dito persoal asesor será público e estará sometido as normas de Abstención e recusación nos termos previstos na Lei 39/2015, do 1 de outubro.
5º.- Suprimir o primeiro parágrafo da Base IV.1 por ser redundante coa Base II.2, ou subsidiariamente trasladar toda a Base como parágrafo 2º da Base II.2.
6º.- Enténdese que a documentación esixida pola Base IV.2. b) resulta superflua unha vez que a mesma xa é esixida no momento da inscrición no proceso selectivo.
7º.- Base IV.3. Solicítase estender ao persoal interino a facultade prevista por esa Base para o persoal funcionario.
8º .-No anexo IV, lístanse unha serie de certificados para a acreditación do nivel de inglés, entre os que se inclúe o “First Certificate in English (FCE- Cambridge English)”. A escola de Cambridge que emite este título tamén ofrece exames para acreditar niveles superiores a este: o CAE (Cambridge English: Advanced) e o CPE (Certificate of Proficiency in English). O FCE equivale a un nivel B2 no Marco Común Europeo de Referencia para as linguas, mentres que o CAE equivale a un C1, e o CPE equivale a un C2 (os niveis máis altos).
Calquera destas certificacións pode obterse de xeito independente do outro, polo que considerase axeitado incluír tamén estas dúas certificacións (CAE e CPE) no listado do anexo 4 ou poñer “FCE ou superior.”
9º.- A realización dos exercicios non deberá ser anterior a UN ANO, a contar dende a data da convocatoria, tendo en conta a amplitude dos temarios e, en moitos casos ter que compatibilizar unha xornada laboral e de cargas familiares,
10º- –Os documentos que xustifiquen a exención do galego deberán presentarse logo do remate de toda as probas anteriores e non logo do primeiro exercicio como di o borrador.
11º.- O anuncio de realización de tódolos exercicios debería publicarse no DOG polo menos con un mes de antelación.
12º.- Todos os méritos deberían terse en conta no momento da publicación no DOG do nomeamento do tribunal.
13º.- Na fase de concurso debería puntuarse o CODIX.
III. ALEGACIÓNS ESPECIFICAS ACCESO LIBRE: PROBAS E TEMARIOS.
Esta alegación de probas e temarios se fará a título exemplificativo e dos deseños de probas e temarios que defende esta OO.SS. Para iso, e tendo en conta que no prazo outorgado non se pode efectuar unha racionalización, comprobación e sistematización de 9 temarios de 9 procesos selectivos, se aporta como exemplo da proposta o Temario do a1 libre por ser o mais extenso.
Á vista deste exemplo e dependendo da resposta da Administración, esta Organización Sindical comprométese a traballar, sexa nun Grupo de traballo, sexa na negociación directa, na extensión desta proposta para o resto de Corpos ou Escalas.
En base ao anteriormente exposto, a proposta de Probas e Programa de CSIF estruturase no seguinte xeito.
1º Exercicio Test. Os test teóricos se efectuarán sobre a base de Textos Normativos e non sobre a base de Anexos baseados en Temas. Se valorará entre 0 a 40 puntos. Será necesario acadar a puntuación mínima de 20 puntos para a súa superación, correspondendo ao Tribunal Cualificador determinar o número de preguntas necesarias para alcanzar dicha puntuación
Non se fan alegacións ao número de preguntas ou tempo de realización. O exercicio test examinara o coñecemento por parte do aspirante das normas de dereito positivo, polo que en aras á concreción, acotación e obxectividade da proba enténdese que o sistema de Anexo Lexislativo, xa empregado en moitas convocatorias desta Administración e proposta na Promoción Interna deste mesmo ano: Non existe unha soa razón obxectiva para que o Acceso Libre e a Promoción Interna teñan programación diferente, e mais aínda cando moitos aspirantes preparan promoción interna e acceso libre ao tempo.
Así mesmo enténdese que o nivel de coñecemento máximo da norma (ao pé da letra, soamente debe de ser esixido nas normas de carácter mais básico e transversal da Administración), e non debe ser un exame que se limite unicamente a actuar de exame filtro (que tamén).
A materia lexislativa que se esixe no test mediante anexo lexislativo, suporá liberación con carácter xeral, liberación de materia para os seguintes exercicios (non é ningunha “boutade” e tal liberación pode verse sen ir mais lonxe nas convocatorias efectuadas no día de onte no BOE pola AGE).
(Achegamos anexo Lexislativo para o Exame Test).
Con carácter subsidiario, proponse que o Exame Test se efectúe sobre Bloques do temario achegado pola EGAP que teñan carácter marcadamente positivista
Se a administración insiste en manter os temas para o test, dende CSIF esiximos que a totalidade do temario sexa posto pola EGAP a disposición dos aspirantes cun ano de antelación á data do primeiro exercicio, así como que estean actualizados.
2º Exercicio: Exame de preguntas curtas sobre temario da EGAP.
Valorarase de 0 a 40 puntos. Será necesario acadar a puntuación mínima de 20 puntos para a súa superación, correspondendo ao Tribunal Cualificador determinar o número de preguntas necesarias para alcanzar dicha puntuación, tendo en conta que todas as preguntas deberán posuír o mesmo valor.
Consistirá en contestar por escrito a un cuestionario de, como máximo 40 preguntas curtas, propostas polo Tribunal Cualificador sobre as materias contidas no Temario anexo a esta convocatoria.
O exercicio deberá escribirse de tal modo que permita a súa lectura e compresión por calquera membro do Tribunal Cualificador.
O tempo para la realización do exercicio será de 180 minutos.
Neste exercicio, analizarase o nivel de coñecemento dos aspirantes respecto da materia que non ten carácter marcadamente positivista, que non resulta transversal, e que non ten un carácter básico ou troncal, analizando un coñecemento mais xenérico da mesma, sen o nivel de detalle do primeiro exercicio, o coñecemento xeral da materia sen resultar un exame de memorísitca pura como o exame test.
A modo de exemplo e tan como xa nos manifestou a propia Administración nas negociacións anteriores sobre a inclusión de coñecementos a nivel lexislativo da Lei de Prevención, e citamos textual
“Non todos os funcionarios teñen que ter un coñecemento minucioso dunha Lei que é longa é complexa. O que deben de ter e formación na materia para a súa propia protección”
E así este argumento que vale para a materia de Prevención de Riscos, vale para temas de Discapacidade, Unión Europea, Administración Local ou por suposto para tódolos temas de Administrativo Especial ou temas mas teóricos como os da Teoría do Acto Administrativo.
(Xuntase temario esixible para este exercicio)
3 Exame. Test Práctico.
Dende o CSIF rexeitamos que o Exame Práctico se converta nun exame tipo Test Bis, de carácter unicamente memorístico. Para esa función xa esta o primeiro exercicio. Polo tanto, mantendo o seu carácter de test, e tendo en conta que a finalidade do mesmo debe ser a demostración polo aspirante da súa capacidade de manexo da normativa e de afrontar un suposto, sen que a memorística deba ser o principal obxecto da proba.
O dito ven agravado (sobre todo no Subgrupo A1), polo que este Sindicato entende que debe ser un erro, tal que é, estender esta proba aos temas específicos.
Isto suporía, por poñer un exemplo que, en materia sancionadora os aspirantes, ao marxe de coñecer toda a materia aos niveis de esixencia dos dous primeiros exercicios deberán coñecer TODA a NORMATIVA de sancións en TODAS as Leis sectoriais da Xunta (Pesca, Montes, Calidade Alimentaria, Turismo, Consumo…etc…). E iso cinguidos so a materia Sancionadora.
- Permitir que o aspirante acuda coa Lexislación a manexar.
- Acotar o seu ámbito de exixencia a materias principais (Contratación, Emprego Público, Procedemento Administrativo, Orzamentario…)
(Xuntase xunto coa proposta de Temario os bloques aos que debe limitarse o exame “Caso Práctico”
IV.- ALEGACIÓNS ESPECIFICAS PROMOCIÓN INTERNA.
1º Probas e Temarios.
En todo o que sexa aplicable, se estenden as alegacións efectuadas para Acceso Libre. De admitir neste eido a negociación sobre probas e temarios, remitiranse os mesmos de modo concreto para cada tipo de Proba.
A maior abastamento, se solicita o seguinte
No Grupo a1 se solicita a supresión do Exame de Desenvolvemento.
Subsidiariamente se solicita a súa substitución do mesmo por un Exercicio de similares características ao proposto para o A1 de acceso Libre (preguntas curtas sobre temario oficial) se ben coa correspondente redución de materia
O exames test teóricos faranse sobre Anexo Lexislativo para o cal, nos Subgrupos A2, C1 e c2, unicamente constaran deste tipo de Programa.
Subsidiariamente faranse as preguntas sobre Anexo en forma “Tema” faranse sobre Temarios Oficiais publicados e actualizados pola EGAP con a antelación que se sinala nas alegacións xenéricas.
2º Participación do Persoal Laboral Fixo nos Procesos
En desacordo coa limitación establecida na 1.2.3 do borrador da convocatoria do proceso selectivo pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia ao establecer unha esixencia non existente na norma tal que é que ,” ocupe posto reservado a personal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A1) na relación de postos de traballo correspondente”
A dita disposición transitoria 2ª do EBEP non se refire ao personal laboral fixo que esté ocupando en RPT un posto de funcionario no momento da súa entrada en vigor, senón ao personal laboral fixo que a súa entrada en vigor esté desempeñando funcións de personal funcionario, ou pase a desempeñalas en virtud de probas de selección convocadas antes de dita data, como se recolle o teor literal da norma.
Se ben resulta certo que a Lei 2/2015, do 29 de abril de Emprego Público de Galicia, establece un mandato ao Consello da Xunta, para delimitar, clasificar e valorar a través de RPT que postos están afectados pola devandita disposición Transitoria 2º (e a súa equivalente DT1º da Norma Galega), o certo é que dito mandato, carece a día de hoxe de plasmación efectiva nas RPT, polo que sendo a norma galega unha norma que require desenvolvemento e que dito desenvolvemento non tivo lugar, non procede a súa aplicación, debéndose aplicar, dado o seu carácter básico a DT2º do EBEP no seu teor literal.
E deste xeito poidan participar no proceso de promoción interna:
- O persoal laboral fixo que accedeu a tal condición en virtude de probas de selección convocadas antes da entrada en vigor do EBEP.
- O persoal laboral fixo que con anterioridade a entrada en vigor do EBEP estivese desempeñando funcións de persoal funcionario.
- Fase de Concurso.
Se achega o seguinte baremo alternativo.
ASE CONCURSO | |||||
Antigüidade |
0,06 X mes |
21.60 |
|||
MAXIMO 21 PUNTOS | 30 anos | ||||
Grao consolidado |
grao 16 |
0,50 |
|||
MAXIMO 5 PUNTOS |
grao 17 |
1,00 |
|||
grao 18 |
1,50 |
||||
grao 19 |
2,00 |
||||
grao 20 |
2,50 |
||||
grao 21 |
3,00 |
||||
grao 22 |
3,50 |
||||
|
grao 23 |
3,75 |
|||
grao 24 |
4,00 |
||||
grao 25 |
4,25 | ||||
grao 26 |
4,50 |
||||
grao 27 |
4,75 |
||||
grao 28 |
5,00 |
||||
Traballo desenvolvido |
nivel 16 |
2,00 |
|||
MÁXIMO 4 PUNTOS |
nivel 18 |
2,50 |
|||
nivel 20 |
3,00 |
||||
nivel 22 |
3,50 |
||||
nivel 24 |
4,00 |
||||
nivel 25 |
4.50 |
||||
nivel 26 |
4.75 |
||||
nivel 28 |
5.00 |
||||
Formación | |||||
MAXIMO: 5, 40 |
5.40 |
||||
Galego/Escolas de Idiomas | |||||
MAXIMO 3 |
3.00 |
||||
Conciliación | |||||
MAXIMO 1 PUNTO |
1.00 |
Respecto da Formación, se solicita se engada o seguinte texto:
“Valoraranse igualmente os cursos impartidos por calquera centro de formación da Administración pública (Academia Galega de Seguridade Pública, Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde, Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral, etc.
Serán valorados nos mesmos termos os cursos impartidos polas organizacións sindicais representativas da función pública galega que, previamente, foran homologados polos centros formativos no parágrafo anterior, así como os cursos impartidos no marco do Acordo de Formación para el Emprego das Administracións Públicas (AFEDAP), así como a obtención do Certificado Galego de Competencias Dixitais en Ofimática, así como as Titulacións académicas que non foron acreditadas como requisito de acceso ao posto.”
Para cada curso de duración igual ou superior a 12 horas lectivas valoraranse con 0,01 puntos cada hora de formación, ata un máximo de 1,75 punto por curso.
CADRO RESUMO PUNTUACIÓNS:
ADM. |
CSIF | |||
Máximo | % | Máximo |
% |
|
Antigüidade |
18 |
45% | 21,6 |
54% |
Grao consolidado |
7 |
17.5% | 5 |
12.50% |
Traballo desenvolvido |
5 |
12.50% | 4 |
10% |
Galego |
3 |
7.5% | 3 |
7.50% |
Formación |
6 |
15% | 5,4 | 13.50% |
Conciliación |
1 |
2.5% | 1 |
2.5% |
TOTAL |
40 |
100% | 40 |
100% |
Documentos adxuntos:
- Proposta temario A2 promoción interna
- Proposta temario A1 promoción interna
- Proposta temario promoción interna C1
- Proposta temario promoción interna C2
- Proposta temario A1 Libre
- Proposta temario A2 Libre
- Proposta temario C2 Libre