O día 9 prevese publicar no DOG o concurso de traslados para personal sanitario funcionario Lei 17/1989

RR.HH do Sergas anuncia que está previsto que o próximo martes, 9 de outubro, se publique no Diario Oficial de Galicia a Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, de data 25 de setembro de 2018, pola que se convoca concurso de traslados para a cobertura de postos de traballo de persoal sanitario funcionario da escala de saúde pública e administración sanitaria (Lei 17/1989).

O prazo para a presentación das solicitudes de participación estará aberto desde o 10 de outubro ata o 9 de novembro próximos, ambos incluídos.