O venres 16 de novembro tivo lugar o pleno do comité de Seguridade e Saúde Laboral da Consellería de Política Social en Santiago.
Tratáronse os seguintes puntos:
- Avaliación de Riscos laborais:
Se están a implantar as medidas correctoras dos informes das avaliacións de riscos realizados nos seguintes centros:
- Centro Sociocomunitario de Ourense.
- I. Paradai (Lugo).
- Centro Sociocomunicario de Maceda (Ourense).
- Residencia de Maiores de Ferrol.
- I. de Celeiro (Viveiro).
- Equipo de Valoración da Dependencia (Vigo).
- I. de Oza (A Coruña).
- I. Elviña
- Informe de sinistralidade laboral do ano 2018 ata o mes de outubro:
O resultado do informe reflicte unha situación similar á do ano anterior:
- Accidentes con baixa: 194
- Accidentes sen baixa:118
- Accidentes in itinere: 20
- Enfermidades profesionais: 7
A maior parte dos accidentes están a ser por sobreesforzos, e a idade na que se se producen maiormente está comprendida entre os 51-60 anos.
Os centros nos que se rexistra o maior índice de sinistralidade laboral por sobreesforzos desta Consellería, son os seguintes.
- Residencia Asistida de Oleiros.
- CRAPD de Vigo (I y II).
- CAPD de Redondela.
O servicio de prevención de riscos laborais vai a incidir na realización de cursos de movilización de pacientes introducindo o manexo de axudas menores que se realizarán ao longo do ano que ven.
Do mesmo xeito e tendo en conta o elevado índice de sinistralidade, o servizo de prevención comunica a intención de realizar un estudo, xunto cos delegados de prevención, dos centros que teñen maior problemática para a elaboración dun informe por cada centro que marcará unhas directrices e avaliará a situación, reflexando ademais de xeito máis obxectivo as necesidades de incremento de persoal onde sexa necesario.
A reunión para comezar a realizar estes estudos será no mes de xaneiro do ano 2019, os centros que formarán parte do estudo son:
- Residencia de Maiores de Oleiros.
- CRAPD de Vigo (I e II).
- CAPD de Coruña.
- CAPD de Redondela.
- CAPD de Sarria.
CSIF solicita a inclusión neste estudo da Residencia de Maiores de Volta do Castro, xa que consideramos que o número de baixas é demasiado elevado para obvialo.
- Escritos rexistrados e presentados por CSIF:
- Volta do Castro:
CSIF, presenta por rexistro a situación das mesas das habitacións da unidade de coidados especiais, o estado do chan da planta cero (xuntas dilatadas e repregadas ..) e o estado do chan de comedor de usuarios (esvaradío).
A Subdirectora de Contratación comunica que a petición xa está xestionada, xa se enviaron ao centro as mesas novas adecuadas ó tipo de unidade (hospitalarias).
En canto ao chan da planta cero, a reforma realizada no ano 2015 mediante un proxecto da Xefatura Territorial da Coruña non dou o resultado esperado, van a realizar un estudo da situación para dar unha solución canto antes, así como do chan do comedor do que non tiñan coñecemento, nunca se lles dou traslado previo da situación.
Tamén está pendente de fixar a data da petición de CSIF para realizar a valoración de riscos psicosociais para este centro.
- Centro de Atención a Persoas con Discapacidade da Coruña (CAPD):
CSIF presenta por rexistro a petición de camas ergonómicas, consideramos que as que ten o centro non son axeitadas (non suben e baixan en altura) favorecendo a aparición de lesións dorsolumbares.
A Subdirectora de Contratación comunica a dotación para o centro de 20 camas ergonómicas, entre novembro e decembro, dun total de petición de 27 camas, as que faltan se comprarán o ano que ven.
Tamén se compraron dúas lavadoras e con respecto á cociña, se vai a realizar un estudo da situación actual ( altas temperaturas) para tentar darlle a solución máis adecuada.
Con respecto á rampla de acceso ao centro, a Xefatura Territorial da Coruña está estudando o emprego do ascensor do edificio A do complexo, pero tendo en conta as limitacións (contratación de seguridade, limpeza, situación do estado do edificio, zona de arquivo….) tamén se vai estudar a posibilidade de facer o acceso á estrada por outro sitio.
- Residencia Asistida de maiores de Oleiros:
CSIF presenta por rexistro as deficiencias da cociña de Oleiros, as obras que se realizaron deixaron una situación que supón un risco para a seguridade e saúde dos traballadores (condensación que cae de forma continua sobre os traballadores, chan, mesas de traballo etc, falta de zonas de almacenaxe para o material que se emprega na cociña ex. coitelos, reixas do chan que non permiten o achegamento das mesas basculantes, situación das billas…..).
Dende a subdirección de contratación e a Xefatura Territorial da Coruña comunican que van a dar solución aos problemas expostos no informe.
- Escolas Infantís:
CSIF solicita por rexistro de entrada a dotación para as escolas infantís de cadeiras ergonómicas para evitar lesións dorsolumbares dos Técnicos Especialistas en Xardín de Infancia que teñen que adoptar posturas forzadas na atención aos meniños. Dende a subdirección de contratación se comprometen, tendo en conta as limitacións económicas, para ir dotando as escolas infantís das cadeiras solicitadas.
- Varios:
CSIF solicita o arranxo da rampla de acceso da planta cero á planta -1 (aulas 2-3 anos) da Escola Infantil de Vite (Santiago), o chan é esvaradío e non pode empregarse por elevado risco de caída.
CSIF solicita a dotación para a Residencia de Maiores de Campolongo de camas ergonómicas xa que o centro dispón de camas moi baixas que dificultan a labor do colectivo de camareiras/limpadoras xa que o plano de traballo está moi baixo, tendo que adoptar posturas forzadas, o que supón un risco para a súa saúde.