Corrección ao borrador do proceso selectivo do subgrupo A2, escala técnica de seguridade e saúde

Función Pública comunícanos que en relación co borrador do proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de seguridade e saúde no traballo, especialidades de seguridade no traballo, de hixiene industrial e de ergonomía e psicosocioloxía aplicada, realizouse a corrección en relación co primeiro exercicio, que a continuación se transcribe:

“II.1.1.1. Primeiro exercicio: consistirá en contestar por escrito un cuestionario de cento cincuenta (150) preguntas tipo test, propostas polo tribunal, das que quince (15) preguntas corresponderán á parte común do programa, corenta e cinco (45) á parte noventa (90) á parte específica.

O cuestionario conterá, ademais, cinco (5) preguntas de reserva, das cales unha (1) corresponderá á parte común do programa, dúas (2) á parte troncal e dúas (2) á específica, substituíndo ás preguntas anuladas de cada parte pola súa orde.

Cada pregunta do cuestionario conterá catro (4) respostas alternativas das cales só unha delas será a correcta.

O exercicio terá unha duración máxima de centro oitenta (180) minutos.

As persoas aspirantes da quenda de promoción interna estarán exentas neste exercicio da parte común do programa, polo que contestarán unicamente a cento trinta e cinco (135) preguntas, máis as catro (4) de reserva, correspondentes ás partes troncal e específica…”

  •  O prazo para a presentación das alegacións segue manténdose tanto para A2 e A1 o vindeiro día 5 de febrero ás 14.00h. 

Documento final

Novas relacionadas: