Xornada sobre a prevención de riscos psicosociais dende unha perspectiva de xénero

XORNADA SOBRE A PREVENCIÓN DE RISCOS PSICOSOCIAIS DENDE UNHA PERSPECTIVA DE XÉNERO: ACOSO SEXUAL E POR RAZÓN DE SEXO NO TRABALLO.

Dirixida a calquera persoa traballadora de calquera sector produtivo de Galicia que poida ser coñecedora, verse afectada ou estar implicada en situacións de acoso sexual e/ou de acoso por razón de sexo no seu ámbito laboral, sendo o obxectivo desta actividade aprender a identificar o acoso sexual e por razón de sexo, aprender a recoñecer esas prácticas, como evitalas e de que ferramentas dispoñemos para loitar no ámbito laboral dende a perspectiva da prevención de riscos laborais.

As persoas asistentes que desenvolvan con aproveitamento esta actividade recibirán un diploma acreditativo.

XORNADA: 4 horas de duración

CONTIDOS

  • O acoso sexual e o acoso por razón de sexo no traballo (concepto, características e exemplos).
  • Consecuencias do acoso sexual e do acoso por razón de sexo no traballo. Identificación dos riscos psicosociais e o clima laboral asociado.
  • A prevención e a actuación ante situacións de acoso sexual e acoso por razón de sexo no traballo (medidas colectivas e actuacións de carácter individual)

LUGAR DE CELEBRACIÓN. Celebraranse en toda Galicia. Estas son as cidades pechadas:

EDICIÓN

ENDEREZO DATAS

HORARIO

A Coruña FUNDACIÓN RAIZAME

As Xubias de Arriba, Nº 15

15006 – A Coruña

Martes, 25 de Xuño 16.00h a 20.00h
Pontevedra Edificio Administrativo da Xunta en Pontevedra

Avenida de María Victoria Moreno, nº43

36003 Pontevedra

Xoves, 20 de Xuño 16.00h a 20.00h

INSCRICIÓN

As persoas interesadas en asistir a esta xornada, deberán remitir un correo electrónico a formacion@csif.gal  indicando o nome e apelidos, o DNI, o enderezo electrónico, o teléfono de contacto, así como sinalar o lugar da xornada a cal desexan asistir.