Oposicións pendentes e procesos de promoción interna rematados

CSIF ven de solicitar a Función Pública que estableza o aprazamento dos procesos selectivos pendentes, como mínimo ata o 01 de outubro. Así mesmo, solicita que se de posesión no novo grupo profesional aos empregados públicos que superaron os procesos de promoción interna.

A evolución da pandemia provocada polo COVID-19, está ocasionando que a situación de confinamento decretada polo goberno de España este suxeita a diversas prórrogas sen que a data de hoxe se poida prever o remate de tal situación. Do mesmo xeito, é tamén imprevisible a forma na que o goberno de España determinara a volta a normalidade e de que maneira se realizará a “desescalada”.

No que atinxe á Administración Xeral da Comunidade Autónoma, pola Consellería de Facenda están convocados multitude de procesos selectivos nos que están convocados máis de 40.000 opositores. Moitos deles empregados públicos coa condición de persoal temporal que aspiran a consolidar o seu posto de traballo.

O Protocolo de actuación en relación co Coronavirus aprobado pola Resolución do 12 de marzo de 2020, da Vicepresidencia e Consellería da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, establecía unha suspensión de, como mínimo, dous meses para a celebración de probas selectivas. Posteriormente, o goberno de España decretou a suspensión dos prazos administrativos.

Na situación actual estase xerando unha gran incerteza e estado de ansiedade nas persoas opositoras e o prazo establecido na devandita resolución aínda que xa desfasado está provocando un grande inseguridade xurídica.

Por un lado, unha grande maioría das persoas opositoras está a preparar uns procesos selectivos nunhas condicións nada favorables, toda vez que conviven con fillos menores e persoas dependentes, e en moitos casos en espazos reducidos. O que fai practicamente imposible o estudo e preparación das oposicións.

Por outro lado, hai gran parte de empregados públicos aspirantes a consolidar o seu posto de traballo que foron declarados servizos esenciais. Este persoal, que está en activo no posto de traballo, está a realizar un grande esforzo e sacrificio, desempeñando xornadas laborais maratonianas, en moitos casos con risco directo para a súa saúde. Elo cando non está xa de baixa por enfermidade profesional como consecuencia do exercicio da súa labor.

E a data de hoxe non hai previsión de canto máis tempo vanse manter as circunstancias actuais de alerta sanitaria e, polo tanto, a situación de incerteza dos opositores.

Por tal motivo, faise preciso que por parte da Dirección Xeral de Función Pública se diten instrucións claras e precisas que establezan as seguintes previsións en relación aos Procesos Selectivos:

a) Procesos selectivos sen realizar ou pendentes de rematar:

– Antes do 01 de outubro non se realizará ningún exercicio de calquera proceso selectivo. En todo caso o desenvolvemento dos mesmos non terá lugar antes dos tres meses do fin da declaración do estado de alarma. E elo sempre que as autoridades sanitarias así o permitan ou aconsellen.

b) Procesos de Promoción Interna xa rematados:

– Habilitación dos medios electrónicos necesarios para que o persoal empregado público que superou un proceso selectivo de promoción interna e este estea xa rematado, poida tomar posesión no seu novo grupo profesional telemáticamente, sen necesidade de trámites presenciais. E elo, tanto a efectos administrativos como económicos.

Por todo elo, dende a CSIF SOLICITAMOS, que a maior brevidade, por seguridade xurídica, así como en consideración coas persoas opositoras así como os empregados públicos que superaron os procesos de promoción interna, se diten as referidas instrucións.