Concurso de traslados Vs promoción interna

A tres días de que finalice o prazo tanto para renunciar ao concurso de traslado como para facer alegacións á resolución de méritos provisionais, Función Pública emite nota aclaratoria con respecto aos funcionarios que superaron os procesos de promoción interna.

Despois das alegacións formuladas no día de onte por CSIF, Función Pública da solución aos funcionarios que se atopan en destino definitivo froito da promoción interna, excluídos nunha primeira proposta de solución.

En consecuencia, as instrucións definitivas para  os funcionarios que se atopen afectados, ao mesmo tempo, polo procedemento de concurso de traslados F0219  e  polos  procesos selectivos de promoción interna, quedan redactadas da seguinte forma:

NOTA ACLARATORIA SOBRE A CONCORENCIA DOS PROCEDEMENTOS DE CONCURSO DE TRASLADOS E PROMOCIÓN INTERNA REMITIDA POR FUNCIÓN PÚBLICA (28-07-2021).

En  relación  coa concorrencia dos procedementos de concurso de traslados e a promoción interna,  INFORMASE:

As persoas que se atopen afectados, ao mesmo tempo, polo procedemento de concurso de traslados F0219  e  polos  procesos selectivos de promoción interna pendentes do acto de elección de destino definitivo, con independencia de que ditas persoas se atopen en destino definitivo ou provisional froito da promoción, seranlles de aplicación o seguinte:

  1. O concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes da Administración Xeral  da Comunidade Autónoma de  Galicia resolverase con anterioridade ás eleccións definitivas derivadas dos  procesos selectivos de promoción interna, as cales,  faranse  inmediatamente despois da resolución do concurso.
  2. As persoas que dende a convocatoria do concurso de traslados da Administración xeral teñan promocionado a un subgrupo superior mediante a promoción interna  e   obtiveran  en dito concurso un posto de traballo aberto  ao subgrupo  ao que teñan promocionado,  poderán tomar posesión do mesmo como persoal funcionario dese novo subgrupo.

Neste caso, non participarán na elección de destino definitiva do proceso selectivo de promoción interna.

  1. As persoas participantes no concurso de traslados  que non obteñan  unha praza aberta ao subgrupo ao que promocionaron  e se atoparan en destino provisional ou excedencia por prestación de servizos no sector público froito do proceso selectivo de promoción interna, deberán participar na elección de destino definitiva.