Novas de Función Pública

Novas en materia de Función Pública e información da Mesa Xeral de Empregados Públicos celebrada o día 5 de agosto de 2021.

I.- Mesa Xeral  Extraordinaria de Negociación de Empregados Públicos celebrada o día 5 de agosto de 2021

1.- RPT de Amtega (Integración do persoal laboral fixo do CIXTEC)

CSIF solicitou a retirada deste punto da orde do Dia. Elo toda vez que, ademais da falta dunha negociación previa con AMTEGA, a proposta remitida por Función Pública aos sindicatos tiña máis erros que acertos no que aos postos a integrar se refire. Así mesmo a documentación presentouse incompleta e carentes de informes necesario. Mesmo os informes presentados eran contraditorios uns con outros.

Función Pública negouse a retirar a proposta da Mesa Xeral. Non obstante, e á vista da cantidade de erros e a falta de informes, requiriu ao Xerente de Amtega para que remitise nestes días a documentación que falta.

Así mesmo, estableceu un novo prazo de alegacións ata o día 6 de setembro, en base aos novos informes. Unha vez elo, o día 8 de setembro está prevista unha reunión das organizacións sindicais co Xerente de Amtega a análise das novas alegacións e revisión de todos os erros.

2.- ORDE  pola que se modifica a Orde do 25 de marzo de 2015, pola que se inicia o procedemento de integración como persoal laboral da Xunta de Galicia do persoal laboral fixo da extinta Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos (EPOSH) adscrito á entidade pública empresarial Augas de Galicia, e se regula a desistencia das solicitudes presentadas no procedemento iniciado ao abeiro dela.

CSIF denunciou ou escurantismo deste procedemento ao negarse Función Pública a facilitar unha táboa actualizada das retribucións do persoal da EPOSH, a relación de traballadores que exerceron no ano 2015 a opción de integración, así como a relación de persoal laboral que ten a condición de fixo.

II.- Outras novas de Función Pública

1.- Carreira Profesional

O Director Xeral informa sobre un incidente de esclarecemento e rectificación de sentenza presentado pola CIG, relativo á sentenza gañada polo dito sindicato ante o TSXG e que anula a carreira profesional.

Segundo o Director Xeral, coa presentación deste incidente por parte da CIG a situación se complica con respecto ao estado da carreira e a reunión que se ía manter coas organizacións sindicais ao longo desta semana a fin de acadar unha solución xa non terá lugar. Quedará todo a expensas da resolución do incidente por parte do tribunal.

2.- Procesos selectivos

O Director informa que debido a que parte dos compoñentes dos tribunais dos procesos selectivos están de vacacións, as publicacións das notas dos procesos selectivos (promoción interna e acceso libre) publicaranse antes do 15 de setembro.

Algunhas das notas poderían publicarse na web de Función Pública no mes de agosto pero non se publicarán as resolucións no DOG.

Os procesos selectivos, reanudaranse a partir do 25 de setembro segundo se vaian publicando as notas e sempre que se conta coa autorización de Saúde Pública.

Igualmente, a partir do 25 de setembro terán lugar os procesos de funcionarización, sen prexuízo de que algún en concreto poida realizarse unha semana antes.

3.- Adscricións temporais do persoal laboral temporal

Con respecto as adscricións temporais do persoal laboral, o Director Xeral manifesta que nalgúns casos non se están concedendo debido ao encadeamento dos contratos, xa que a lexislación establece un tope máximo de 3 anos.

4.- Funcionarización do persoal laboral fixo descontinuo da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

Con respecto á exclusión dos procesos de funcionarización de persoal laboral fixo descontinuo da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, o Director Xeral afirmou que buscará unha solución con dita consellería para que os ditos traballadores poidan funcionarizarse.

Nota importante:

CSIF non se fai responsable da veracidade das informacións facilitadas polo Director Xeral de Función Pública, así como tampouco do cumprimento dos seus compromisos ou prazos sinalados. Unicamente fai de correa de transmisión aos empregados públicos.