Función Pública vén de convocarnos a unha xuntanza da Comisión de Persoal Ordinaria que se celebrará o próximo mércores 22 a partir das 13.00 horas coa seguinte orde do día.
Orde do día:
- Proposta de Acordo entre a consellería do Mar e as organizacións sindicais, sobre as condicións de traballo de determinadas prazas adscritas aos servizos periféricos da consellería. Documentación ⇔ PROPOSTA ACORDO PERSOAL BIÓLOGO (3v)
- Modificación da Relación de Postos da consellería do Mar. Documentación ⇔ RPT_MAR
- Modificación da Relación de Postos de Traballo da Consellería de Política Social e Xuventude consistente na transformación dunha praza de laboral en funcionario. Documentación ⇔ RPT_POLITICA_SOCIAL_e_XUVENTUDE
- Orde Equivalencia funcionarización. Documentación ⇔Proxecto orde modificación 2023 anexo decreto 165
- Dar conta dos Acordos de Carreira propostos na Comisión de Seguimento.
- Proposta de sanción de suspensión provisional de F.S.M., persoal funcionario de carreira da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, no marco do procedimento disciplinario que se sigue contra dito funcionario.
- Proposta de sanción de suspensión provisional de M.M.Y., persoal funcionario interino da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, no marco do procedimento disciplinario que se sigue contra dito funcionario.
- Proposta de sanción de suspensión provisional de A.S.G, persoal funcionario de carreira da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, no marco do procedimento disciplinario que se sigue contra dito funcionario.