Convocatoria Mesa Sectorial de Funcionarios: RPT de Política Social e concursos (inspectores consumo e servizo gardacostas)

Función Pública vén de convocarnos a unha xuntanza da mesa sectorial de funcionarios o próximo xoves día 1 cos seguintes asuntos na orde do día: RPT de Política Social e  concursos para a provisión de prazas de inspectores de consumo e servizo de gardacostas.

  1. Proposta de modificación da Relación de Postos de Traballo da consellería de
    Política Social e Xuventude ⇔  MOD RPT PS-D-01-2024 / *Documentación ANEXOS EQUIVALENCIAS actualizada por Función Pública a 30 xaneiro ⇔ === DOCUMENTACION COMPLEMENTARIA XUNTANZA PREVIA 30_01_2024 ===
  2. Proposta de Resolución pola que se convoca concurso ordinario para a provisión de
    postos de traballo vacantes do corpo de xestión da Xunta de Galicia, escala de inspectoras e inspectores de consumo e do corpo administrativo da Xunta de Galicia, escala de axentes de inspección, especialidade de consumo, da Administración Xeral da Xunta de Galicia ⇔bases Concurso CONSUMO
  3. Proposta de Resolución pola que se convoca concurso ordinario para a provisión de
    postos de traballo vacantes de corpos e escalas de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escalas do Servizo de Gardacostas de Galicia (SGG) ⇔ bases Concurso Gardacostas

*Función Pública convocou Comisión de Persoal correspondente para o día 2 de febreiro.