Proposta de acordo sobre as condicións de traballos dos axentes forestais e medioambientais

A D.X. de Función Pública convócanos a unha reunión que terá lugar o vindeiro mércores, día 11, ás 11.30 horas, para abordar as condicións de traballo dos axentes forestais e medioambientais.  O prazo para presentar alegacións finaliza o luns, 9 de xullo, ás 14.00 horas.

PROPOSTA DE ACORDO SOBRE AS CONDICIÓNS DE TRABALLO DOS AXENTES FORESTAIS E MEDIOAMBIENTAIS.

I.- Preámbulo.

A participación dos axentes forestais e axentes facultativos medioambientais abrangue todos os ámbitos da a loita contra o lume.

O presente acordo pretende, por unha parte, adaptar a prestación de servizos do colectivo ás novas circunstancias dos incendios, que por diversas razóns se están a producir nun espazo temporal maior do previsto na regulación actual. O maior esforzo que requirirá a nova regulación é necesario compensalo cun incremento da contía que se vén percibindo por produtividade e tamén cunha redución da actividade dos axentes noutros períodos do ano nos que non están esixidos polos incendios forestais.

Por outro lado, tamén se lle están incrementando as funcións, ao requirir a súa intervención nun ámbito de xestión municipal, como é do da xestión da biomasa das faixas secundarias.

Por outra banda, a actual normativa en materia de protección do patrimonio natural e da biodiversidade, establece novas obrigas para a consellería con competencias na materia,, sendo o persoal pertencente á escala, como parte dos responsables de esixir o cumprimento da dita normativa.

Por último, o acordo complétase coa previsión de aprobación do regulamento de funcións da nova escala de axentes técnicos en xestión ambiental.

II. Acordo

Primeiro.- Ámbito de aplicación.

a) Subxectivo.

O presente acordo élle de aplicación aos funcionarios das escalas de axentes forestais, axentes facultativos medioambientais e, tamén, aos que accedan á de axentes técnicos en xestión ambiental.

b) Temporal.

O presente acordo desenvolverase no período comprendido entre os anos 2018 e seguintes, de acordo coa temporalidade nel prevista.

Segundo.- Modificación da configuración dos postos de traballo pertencentes ás diferentes categorías de axentes forestais e facultativos medioambientais.

a).- Os funcionarios das escalas de axentes forestais e facultativos medioambientais, pertencentes a consellería con competencias en materia de prevención e extinción de incendios, verán incrementadas as funcións que teñen encomendadas coa asunción da  xestión da biomasa existente nos terreos forestais e zonas de influencia forestal a través de faixas nas redes secundarias, que teñen como función prioritaria a protección dos núcleos de poboación, as infraestruturas, os equipamentos sociais, as zonas edificadas, os parques e os polígonos industriais.

Os funcionarios das escalas de axentes forestais e facultativos mediambientais, pertencentes a consellería con competencias en materia de conservación da natureza verán incrementadas as funcións que teñen encomendadas coa asunción das funcións de participación na caso de que fosen requiridos en operativos de emerxencias (busca e rescates), operativos de extinción de incendios en espazos naturais protexidos así como a realización de actuacións de protección e de conservación do patrimonio natural dentro dos espazos naturais protexidos tales como:Toma de datos xeoreferenciados, levantamento de planos, inspección e seguimento de ocupacións, cambios de uso do solo, e, fundamentalmente, a vixilancia da correcta xestión da biomasa en zonas incluídas na rede natura 2000 ou limítrofes a esta. Para este ultimo fin, previo ao comezo de cada período que se defina como época de perigo de incendios, emitirán un informe sobre o estado das zonas das redes de franxas de xestión de biomasa do distrito correspondente.

b).- Como contrapartida, increméntase o nivel de complemento de destino dos postos das diferentes categorías de axentes no período comprendido entre o ano 2019 e o 2020, a razón dun nivel cada una desas anualidades, de tal xeito que:

O 1 de xaneiro de 2019 os complementos de destino 14, 16 e 18 pasarán a incrementarse nun grao cada un deles de forma que quedaran  en niveis 15, 17 e 19 respectivamente.

O 1 de xaneiro de 2020 os complementos de destino 15, 17 e 19 pasarán a incrementarse nun grao cada un deles de forma que quedarán en niveis 16, 18 e 20 respectivamente.

O dia 1 de xaneiro de 2021 o complemento de destino 16 pasa a incrementarse nun grado de forma que nesta data acada o nivel 17.

O día 1 de xaneiro de 2022 o complemento de destino 17 pasará a incrementarse nun grao, de xeito que mudará ao nivel 18.

O incremento de niveis conleva o incremento de contia correspondente segundo a orde de confección de nominas no complemento especifico asociado.

Terceiro.- Proposta de nova orde de prestación de servizos

Acompáñase mediante anexo.

Cuarto.-Pase a outras funcións do persoal.

Negociarase uns principios de pase a segunda actividade/funcións deste do persoal que teña cumpridos 60 anos que conte ademais cun período mínimo de anos de actividade desenvolto nesta escala coa mesma finalidade que a dita medida ten no ámbito dos bombeiros forestais. O seu establecemento, dado que afecta a funcionarios públicos, debe establecerse mediante lei.

Quinto.- Regulamento da nova escala de axentes técnicos en xestión ambiental.

Créase un grupo de traballo, con participación das consellerías de Facenda, de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e de Medio Rural, para elaborar unha proposta de regulamento de funcións da Escala de axentes técnicos en xestión ambiental co obxectivo de que se publique no Diario Oficial de Galicia durante este ano o decreto de aprobación do mencionado regulamento.

Sexta.- Comisión de seguimento.

Créase unha comisión de seguimento do disposto neste acordo, que estará integrada por un representante de cada unha das organizacións sindicais e polos representantes das consellerías que conten con efectivos da escala de axentes facultativos medioambientais, designados polas respectivas secretarías xerais.

Disposición transitoria primeira.-Medidas orzamentarias

As medidas retributivas que se prevén no presente instrumento están supeditadas á entrada en vigor das normas orzamentarias que habiliten a súa efectividade.

Durante a vixencia do II acordo Goberno-Sindicatos para a mellora do emprego público e condicións de traballo, publicado por Resolución da Secretaria de Estado de Función Pública do 22 de marzo de 2018, os importes económicos destinados a atender as ditas medidas acreditaranse con cargo e baixo a consideración de fondos adicionais dos previstos no seu apartado primeiro.

Disposición transitoria segunda: Persoal das Illas Atlánticas.

Unha vez asinado o presente documento, e no prazo de tres meses, iniciarase a negociación das especificidades do persoal das Illas Atlánticas ao que se refire este acordo.

Novas relacionadas: