Comisión de Persoal 31 Xullo: RPT de Educación e Sanidade e proceso selectivo de Veterinaria

Vimos de ser convocados a unha xuntanza da Comisión de Persoal ordinaria o vindeiro venres 31 de xullo para tratar a modificación das RPT das consellerías de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e de Sanidade, así como a aprobación da convocatoria do proceso selectivo, mediante o sistema de oposición, para o ingreso por acceso libre e promoción interna no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de veterinaria.

Seguir leyendo «Comisión de Persoal 31 Xullo: RPT de Educación e Sanidade e proceso selectivo de Veterinaria» →

Comisión de Persoal 23 Xullo: Convocatoria de procesos selectivos para enxeñaría, arquivos e sistemas de información máis Rexistro de Persoal

Vimos de ser convocados a unha xuntanza da comisión de persoal o próximo venres 23 para a aprobación dos procesos selectivos de procesos selectivos dos subgrupos A1 e A2, correspondentes ás escalas de enxeñaría agronómica, sistemas e tecnoloxía da información, enxeñaría técnica agrícola, enxeñaría técnica de obras públicas e arquivos e máis do proxecto de decreto polo que se regula o Rexistro do Persoal Funcionario Público Habilitado e a asistencia para a identificación e a sinatura electrónicas

Seguir leyendo «Comisión de Persoal 23 Xullo: Convocatoria de procesos selectivos para enxeñaría, arquivos e sistemas de información máis Rexistro de Persoal» →

Novo atraso na adxudicación de destinos en corpos xerais, sociosanitarios e Educación Infantil

A publicación dos destinos adxudicados nos corpos xerais, na escala sociosanitaria e en Educación Infantil, prevista para esta semana, non se levou a cabo, incumpríndose así as previsións trasladadas pola Administración.

Seguir leyendo «Novo atraso na adxudicación de destinos en corpos xerais, sociosanitarios e Educación Infantil» →

Mesa Sectorial 16 de Xullo: Convocatoria de procesos selectivos para enxeñaría, veterinaria, arquivos e sistemas de información

Vimos de ser convocados a unha xuntanza da mesa sectorial  de funcionarios para abordar as propostas de convocatoria de varios procesos selectivos dos subgrupos A1 e A2, correspondentes ás escalas de enxeñaría agronómica, sistemas e tecnoloxía da información, enxeñaría técnica agrícola, enxeñaría técnica de obras públicas, veterinaria e arquivos. 

Seguir leyendo «Mesa Sectorial 16 de Xullo: Convocatoria de procesos selectivos para enxeñaría, veterinaria, arquivos e sistemas de información» →

CSIF denuncia unha nova improvisación da Xunta na elección de destinos das escalas sociosanitarias

CSIF  denuncia a falta de planificación da Xunta de Galicia tras modificar a última hora o calendario da elección de destinos das escalas sociosanitarias, xerando incerteza e dificultando a organización das persoas aspirantes.

Segundo comunicou a Administración por “razóns técnicas”, o inicio do proceso de elección de destinos retrásase ao martes 14 de xullo de 2026, data na que tamén se publicará no DOG a modificación da resolución do 3 de xullo para corrixir as incidencias detectadas.

As escalas afectadas por este cambio son:

  • A1: Medicina, Psicoloxía e Pedagoxía.
  • A2: Enfermaría, Fisioterapia, Traballo Social, Terapia Ocupacional e Educación Social.
  • C1: Escala Técnica de Gobernante/a.
  • C2: Escala Auxiliar de Clínica.

A Administración establece un prazo de apenas tres días hábiles para a elección de destino, entre os días 14 e 16 de xullo de 2026, contabilizando os tres días desde o mesmo día da publicación no DOG. Deste xeito, o prazo rematará ás 23:59 horas do día 16.

Para CSIF, esta decisión evidencia unha vez máis a ausencia de previsión por parte da Xunta, que modifica o calendario cando milleiros de persoas xa tiñan organizada a súa asistencia ao proceso. Ademais, a organización sindical considera que estes cambios de última hora introducen inseguridade nun procedemento que debería ofrecer todas as garantías ás persoas participantes.

CSIF considera claramente insuficiente un prazo de só tres días hábiles para realizar a elección de destino despois das modificacións introducidas pola propia Administración e reclama:

  • Máis planificación nos procesos selectivos.
  • Máis transparencia na xestión das incidencias.
  • Máis garantías para as persoas aspirantes.
  • Respecto polos dereitos e polo tempo das persoas participantes.

Desde CSIF esiximos á Xunta que abandone a improvisación e adopte medidas que permitan desenvolver os procesos selectivos con seguridade xurídica, previsión e respecto ás persoas aspirantes.