Na reunión celebrada o 9 de Agosto, pedírase que as reunións foran conxuntas, para tratar
un único acordo de condicións para todas e todos. Pero nesta reunión igual que na do dia 17
na que só acudiu a CMR acude só a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.
Entendemos que é necesario revisar:
1. Proposta de modificación do Acordo de condicións de traballo das
escalas de Axentes.
• O Acordo de condicións de traballo para que se poidan facer noites na CMACC, moi
necesarias para defender o patrimonio natural.
• Plan formativo negociado: recoñecen a importancia da formación e din que estudarán
como facer para que de forma recíproca se habilite para toda a escala
independentemente da consellería a que pertenzan (coa preferencia da consellería
propia).
• Axudar en emerxencias como nesta vaga de lumes: a Administración recoñece a gran
labor dos Axentes da CMACC na vaga de lumes e aceptan un protocolo claro de
actuación e nestes casos dotar de EPIs e de emisoras compatibles (con isto
loitariamos para entrar na Lei de emerxencias e ter centraliña de avisos e non andar a
golpes de whatsapp para os comunicados).
• É necesario que se retribúan as gardas de fin de semana e festivos en período
ordinario.
• Quedou aclarado que se poden solicitar vacacións e AP por días hábiles (as vacacións
son por días de quenda, é decir, que se nunha semana só traballas 3 días só se piden
eses 3 días).
A Secretaria Xeral Técnica da CMACC, di que toma nota e vai proceder a estudar as
propostas, incluso se as reunións son conxuntas ou as convocan de xeito independente.
Desde as OOSS insistimos en que a negociación debe ser conxunta para garantir a
igualdade de condicións. Din que en breve nos volveran a convocar.
2. Creación dun grupo de traballo para a determinación das funcións dos
Axentes no ámbito da Consellería do Medio Ambiente e Cambio Climático
para o novo regulamento da escala.
A Administración incumpriu varios Acordos anteriores onde se comprometía a negociar un
novo Regulamento de funcións e levamos mais de 20 anos sen el. Solicítamos que tomen
como documentos de partida a Lei 4/24 Básica de Axentes Forestais e Medioambientais e o
borrador conxunto do Regulamento presentado polas OOSS no ano 2017 e que a
administración cree grupos de traballo serios e con vontade de avanzar. A CMACC
tampouco se comprometeu a nada, só toman nota e din que nos convocaran en breve para
unha nova reunión. Insistimos en que as negociacións deben ser conxuntas para toda a
escala, incluíndo á Consellería de Industria na que hai 4 Axentes Ambientais neste momento.
3. Modificación da Relación de Postos de Traballo (RPT)
• Non aceptaremos de ningún xeito ter niveis diferentes aos da CMR. Se non na
CMACC xamáis imos a cubrir os postos. Medio Ambiente non pode quedar con
peores condicións, pois o traballo xa é duro dabondo.
• Incidimos en que é necesario que as prazas estean barradas C1/B e a Administración
non pode seguir cubrindo prazas en comisións de servizo dende a escala extinta do
C2.
Rogos e preguntas.
Protestamos pola ilegalidade da activación do último período de gardas nas provincias
de A Coruña, Lugo e Pontevedra e solicitamos que se active o período extraordinario
para a vixilancia da caza.
A CMACC infórmanos de que as prazas da UICON sairán publicadas o mércores día 24
para a súa cobertura en comisión de servizo.
APUNTAMENTO CONCURSO DE TRASLADOS AXENTES AMBIENTAIS: Na Mesa
Sectorial de Persoal Funcionario que tivo lugar hoxe a Directora Xeral de Emprego
Público di que xa esta case listo o baremo provisional e que se publicará no mes de
outubro, xustificou a tardanza polos cambios de nivel e grupo o que di que dificultou a
baremación.
Para as OOSS foi unha reunión con poucos avances e nivel de compromiso
moi baixo por parte da Administración. Quedamos pendentes das próximas
convocatorias e de non ter avances teremos que pensar en tomar as medidas
de presión para que se senten a falar.





