Publicadas no DOG nº111, do 13 de xuño de 2023, as Listaxes Provisionais de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso oposición, para o ingreso nas categorías do SPIF de persoal laboral da Xunta.
Convocatoria Comisión de Persoal: RPT´s de Cultura e Educación, Gain e Política Social
Función Pública vén de convocarnos á xuntanza da Comisión Ordinaria de Persoal o próximo 14 coas RPT’s da Consellería de Cultura e Educación, da Axencia Galega de Innovación (GAIN) e da Consellería de Política Social como asuntos da orde do día.
Convocatoria Mesa Xeral e Sectorial: RPTs da Consellería de Cultura e Educación e da GAIN
Función Pública vén de convocarnos o próximo luns 12 á xuntanza de Mesa Xeral de Empregados Públicos e Mesa Sectorial de Funcionarios para abordar as RPTs da Consellería de Cultura e Educación e da Axencia Galega de Innovación (GAIN) respectivamente. Con carácter previo, haberá unha xuntanza previa o venres 9 sobre estes mesmos asuntos máis sobre Residencias de Política Social.
Listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas nos procesos da Lei 20/2021 nas categorías do SPIF
Publicadas no DOG nº107, do 7 de xuño de 2023, as Listaxes Provisionais de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nas categorías do SPIF de persoal laboral da Xunta.
Proposta de modificación das RPTs do Consello Consultivo e de Centros de Educación
Vimos de ser convocados o próximo venres 9 para as reunións previas de negociación das propostas de modificación das RPTs do Consello Consultivo de Galicia e de Centros da Consellería de Educación.
Seguir leyendo «Proposta de modificación das RPTs do Consello Consultivo e de Centros de Educación»
Novas de Función Pública: proceso selectivos, carreira, funcionarización, etc.
Información en materia de función pública relativa a procesos selectivos, funcionarización, carreira profesional e eleccións de destino. Seguir leyendo «Novas de Función Pública: proceso selectivos, carreira, funcionarización, etc.»





