Función Pública vén de convocarnos a unha reunión da mesa sectorial de funcionarios para o próximo venres 31 de xaneiro sobre as bases de convocatoria de concursos específicos para a provisión de postos de traballo do persoal funcionario de carreira incluído no ámbito de aplicación da Lei 2/2015, do 29 de abril, do Emprego Público de Galicia.
Etiqueta: funcion publica
Próxima publicación no DOG do concurso de traslados do SPIF
Función Pública vén de informarnos de que o vindeiro venres, día 31 de xaneiro publicarase no DOG a Resolución pola que se acorda a apertura do prazo para a solicitude de elección de postos do concurso ordinario de traslados do SPIF. Seguir leyendo «Próxima publicación no DOG do concurso de traslados do SPIF»
Baremarase a todas as persoas aspirantes nos procesos selectivos do SPIF
Nunha xuntanza mantida o pasado venres coas tres OOSS: CSIF, CCOO e UGT e tras valorar a nosa proposta, Función Pública acepta baremar a todas as persoas aspirantes dos procesos selectivos do SPIF da Ley 20/21 convocados por concurso. A medida afectará a todas as persoas aspirantes non baremadas nas listaxes provisionais e definitivos.
Seguir leyendo «Baremarase a todas as persoas aspirantes nos procesos selectivos do SPIF»
Borrador Expediente Electrónico remitido por Función Pública
Poñemos ao voso dispor o borrador que nos envía a Dirección Xeral de Función Pública (DXFP) dunha Orde pola que regulan o contido, uso e acceso ao expediente persoal electrónico do persoal empregado público da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das súas entidades públicas instrumentais.
Seguir leyendo «Borrador Expediente Electrónico remitido por Función Pública»
Comisión de Persoal: Votacións da RPT da Vicepresidencia 1 e Economía e RPT de Sanidade
Achegámosvos un resume do resultado da Comisión de Persoal Extraordinaria celebrada hoxe, na que saíron adiante a RPT da Vicepresidencia 1ª e consellería de Economía, Industria e Innovación, co voto en contra de CSIF, e a RPT de Sanidade, coa abstención de CSIF.
Manual do Empregado Público para solicitar a Carreira Administrativa ou Complemento de Desempeño
Poñemos ao voso dispor o Manual do Empregado Público para solicitar a Carreira Administrativa ou o Complemento de Desempeño. Seguir leyendo «Manual do Empregado Público para solicitar a Carreira Administrativa ou Complemento de Desempeño»





