Estudiaranse medidas de presión para equipar o nivel dos farmacéuticos inspectores de Saúde Pública

CSIF INFORMAO pasado 4 de abril de 2016 os representantes das catro organízacións sindicais fomos convocados a una reunión co conselleiro de Sanidade para tratar a situación dos Inspectores Farmacéuticos de Saúde Pública.As catro organización sindicais manifestamos a nosa intención de chegar acordos coa Consellería de Sanidade para solucionara este contencioso que se prolonga indefinidamente no tempo, buscando as solución máis axeitadas e que sexan aceptadas por ámbalas partes.

O conselleiro e a DX de recursos humanos foron informados de que outras consellerías chegaron a acordos cos seus traballadores, polo que entendemos que Sanidade pode e debe negociar un acordo para a prestación de servizos de inspección ambiental, similar a dos inspectores veterinarios do ano 2008.

O conselleiro informou que a Consellería é consciente da situación dos Fisp, pero que na actual coxuntura económica non é posible chegar a acordos que non teñan garantía de ser aceptados pola D.X. da Función Püblica e a D.X. de Orzamentos, e que lle deben lealdade institucional, polo que non poden afrontar a equiparación de nivel cos inspectores veterinarios de saúde pública. Sostivo que están intentando que a D.X. da Función Pública e a D.X. de Orzamentos (esta última é a que poñe pegas, segundo informan) lles acepten o nivel 22 para este ano e o nivel 24 para o vindeiro ano, que a día de hoxe é un NON, pero este non NON é DEFINITIVO.

Dende o noso punto de vista como central sindical, É IMPRESCINDIBLE A MOBILIZACIÓN DOS TRABALLADORES se se quere conseguir a subida de nivel do colectivo. Esta movilización debería ser a CONVOCATORIA DUNHA FOLGA, que podería estar acompañada dunha negativa a condución de vehículos oficiais.

Como paso previo a estas actuacións, poderíase convocar a todo o persoal inspector farmacéutico de saúde a unha asamblea en Santiago, a que asistirían representantes de todas as organización sindicais, para acordar e fixar as medidas a tomar.

Santiago de Compostela, 5 de abril de 2016

Categorías Sin categoríaEtiquetas