Medio millón de visitantes e un millón e medio de visitas. O Herald Toupeiras no 2019

Dende a súa posta en marcha en marzo de 2016, a  web do Herald Toupeiras está a punto de alcanzar o medio millón de visitantes e o millón e medio de lecturas.

O Herald Toupeiras naceu en novembro de 2007 na Sección Sindical dos Servizos Centrais da Administración xeral da Xunta de Galicia, como un boletín satírico sindical de denuncia e reivindicación dirixido a todos os empregados públicos dependentes da Consellería de Facenda. Durante os seus primeiros anos foi editado de forma periódica como unha revista en formato papel, que se repartía en man aos traballadores dos diversos departamentos da Xunta de Galicia.

O 9 de marzo de 2016 ponse en marcha o actual portal do Herald Topeiras. Esta nova web, que substitúe á que fora creada no ano 2010, nace coa vocación de converterse no canal referente de información da CSIF entre os empregados públicos da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia. A web nace non só cun novo deseño senón tamén con novas funcionalidades, como é a súa integración coas redes sociais (Facebook e Twitter), así como a posibilidade que se lle ofrece aos usuarios para subscribirse a ela e así recibir de maneira inmediata todas as informacións que se publican.

Do mesmo xeito, o orixinal boletín satírico sindical en formato papel comeza a editarse en formato dixital.

Dende a posta en marcha da nova web, cólganse puntualmente todas as informacións que en materia de función pública e emprego público son de interese para os empregados públicos.

Non obstante, o Heral Toupeiras mantén o seo xenuíno  sinal de identidade como boletín satírico sindical, así como o seu espírito reivindicativo e de denuncia e crítica de todas aquelas actuacións da Administración que soslaian ou se desvían do marco correcto no que deben de executarse as políticas de persoal.

Os datos do Herald Toupeiras:

A nova  web do Heral Toupeiras respondeu as expectativas creadas dende a súa posta en marcha en marzo de 2016. Así, tanto o número de visitantes distintos como de visitas experimentou un crecemento exponencial xa dende seu primeiro ano de vida.

Actualmente, o portal do Herald Toupeiras é a web de referencia, non só para os empregados públicos senón tamén para quen aspira a selo.  E isto fai do Herald Toupeiras unha ferramenta indispensable de información e un instrumento xerador de opinión das políticas de persoal seguidas por Función Pública.

O Herald Toupeiras nas Redes Sociais:

O Facebook do Herald Toupeiras: @herald.toupeiras

O Facebook do Herald Toupeiras, configúrase como unha fanpage profesional que ten como obxectivo establecer unha canle de comunicación directa con todos os empregados públicos para informar de todas as accións que desenvolvemos en defensa dos traballadores e duns servizos públicos eficientes, eficaces e de calidade. Pero tamén é un espazo de participación, aberto e plural a todas as opinións e inquietudes do sector.

A data de hoxe, o Facebook do Heral Toupeiras conta cun total de 1.211 seguidores.

O Twitter do Herald Toupeiras: @HeraldToupeiras

Twitter oficial de CSIF Galicia y de su revista para los empleados públicos gallegos.