Nota informativa sobre a Mesa Xeral de Negociación de Empregados Públicos

Mesa Xeral de Negociación de Empregados Públicos (22/03/2017)

Temas que se abordaron na mesa:

  1. Proxecto de Decreto polo que se regula a formación en Igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero do persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.
  2. Acordo para a tramitación das RPTs ao amparo da Lei 2/2015 do Emprego Público de Galicia.
  3. Proposta de modificación da RPT da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.
  4. Proxecto de Decreto polo que se regula o réxime de contratación do persoal investigadoe laboral da Administración da Comunidad Autónoma de Galicia.
  5. Proposta de modificación da RPT do Instituto Galego de Estatística.
  6. Proxecto de orde polo que se convoca o proceso selectivo no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Coumindade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de veterinarios.
  7. Proxecto de Orde polo que se convoca o proceso selectivo para o ingreso no corpo administratico de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes de inspección, especialidade de consumo.
  8. Proxecto polo que se convoca o proceso selectivo para o ingreso pola quenda de promoción interna no corpo superior de Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de Finanzas.
  9. Rogos e preguntas.

1. Proxecto de Decreto polo que se regula a formación en Igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero do persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

As nosas consideracións:

  • Respecto do artigo 7. Validacións: consideramos que é necesario e axeitado que se inclúa a formación homolagada, pois entendemos que a formación que poda impartir calquera outra entidade non comprendida nas mencionadas ten que ser considerada de cara ás validacións, e ter a mesma validez que a impartidas polas entidades citadas. Polo que respecta ao procedemento para as validacións, solicitamos que se recolla no texto do decreto, pero Vicepresidencia sostén que será obxecto de regulación nunha orde posterior á súa aprobación.
  • Polo que se refire ao profesorado (artigo 8), entendemos que, dada a complexidade para determinar dunha forma concreta, obxectiva e específica a experiencia laboral referida, xunto co carácter restritivo ou delimitado que tal condición comporta, pode ser mais apropiado a inclusión doutros requisitos que amplíen o abano de posibilidades para esta capacitación. Así, neste senso, dende CSIF formulamos a seguinte proposta (en negriña e subliñada);

8.1 A docencia da formación regulada neste Decreto corresponderalle a persoal capacitado na materia a través de coñecementos específicos en xénero, igualdade entre mulleres e homes, integración da perspectiva de xénero en plans, programas e proxectos, prevención e loita contra a violencia de xénero ou outros estudos de xénero, debendo acreditar un mínimo de 500 horas de formación recibida por calquera dos organismos públicos oficiais sinalados no artigo 7, ou tamén a través de 250 horas de formación recibida por calquera dos organismos públicos oficiais sinalados no artigo 7, e unha experiencia laboral mínima de dous anos no ámbito da igualdade entre mulleres e homes e/ou a prevención e loita contra a violencia de xénero.”

Ademais destas cuestións recollidas xa nas alegacións anteriormente presentadas, e tras a constitución e celebración da primeira sesión da Comisión paritaria de seguemento do Comité de intervención do protocolo de acoso laboral, celebrada o pasado 17 de marzo, solicitamos que se inclúa na formación inicial en Prevención de Riscos Laborais que se da ao persoal de novo ingreso un mínimo de formación en materia de acoso laboral.

2. Acordo para a tramitación das RPTs ao amparo da Lei 2/2015 do Emprego Público de Galicia.

Funcion Pública presenta un documento relativo á tramitación das RPT’s ao amparo da Lei 2/2015, que afecta á configuración dos postos de traballo e determina as titulacións a que está aberto cada posto, as escala e as áreas funcionais nas que se vai integrar.

Dende a CSIF manifestamos a nosa disconformidade con que esta nova regulación que configurará a partires de agora as relación de postos de traballo fora implantada sen a previa negociación coas OO.SS. Entendemos que este novo sistema de configuración de postos pode limitar a promoción e a carreira administrativa dos funcionarios toda vez que enmarca os postos en áreas funcionais concretas e limita a titulación de postos que poden estar abertos a varias titulacións.

3. Proposta de modificación da RPT da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio:

Tras a xuntanza mantida o pasado 7 de marzo, cos responsables da CMAOT e mesmo da DX de Función Pública, presentamos unha terceira tanda de alegacións, das que na mesa xeral destacamos os seguintes puntos:

  1. Polo que se refire a amortización das prazas dos/as directores/as de parques naturais e a centralización da xestión de parques en servizos centrais, xa mostramos a nosa disconformidade dende as primeiras xuntanzas no ano 2016. En todo caso, na última proposta da consellería créase unha praza de dirección de área de parques naturais en Ourense en atención á maior superficie de parques naturais co que conta esta provincia. Por parte da consellería se pensa que o modelo ideal sería crear unha área de parques dentro de cada provincia, aínda que debido ás limitación orzamentarias non pensan en que sexa unha modificación inmediata. Por outro laso, e dentro da mesma provincia rescátanse 5 prazas de axentes medioambientais, que entendemos insuficientes porla extensión a cubrir nesta provincia, e unha praza adicional que se crea con crédito sobrante.
  2. En canto ao mantemento da provisión por LD dun grupo de xefaturas de servizo, manifestamos que os criterios que se recollen na memoria funcional son claramente insuficientes, e polo tanto, deben cambiar a súa provisión ao sistema de concurso específico e dar cumprimento ao artigo 91 da Lei de emprego público de Galicia.
  3. Apertura de prazas a outras adminsitracións: a pesar de que se reduciu o número de prazas abertas a outras administracións dende a proposta inicial, entendemos que a apertura a outras administracións de postos de secretaría non está xustificada, e requirimos que se apliquen criterios de reciprocidade para permitir o acceso ás ditas prazas de persoal diferente ao da Xunta de Galicia. Chama a atención que un grupo de prazas de xefatura se servizo da APLU permanezan abertas a persoal de outras administracións, incluida a administración local, e non se permita o seu acceso por parte do persoal da escala de inspección urbanística.
  4. Tampouco compartimos o criterio de apertura de prazas a dúas escalas ou especialidades, porque se ben se pode tratar de definir as titulacións axeitadas para un posto por medio da adecuación ás súas funcións, entendemos que non pode ser excusa para limitar a progresión ou mobilidade de funcionarios de determinadas titulacións.
  5. Polo que se refire á incorporación na RPT das prazas de persoal funcionario do P.N. Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas, dende o principio solicitamos que se fixera conxuntamente coas prazas correspondentes do persoal laboral, aínda que na proposta sa consellería vai a ser definitiva a inclusión unicamente do persoal laboral. En todo caso, hai un compromiso por parte do director xeral da Función Pública e da secretaria xeral técnica da CMAOT de realizar a dita incorporación na RPT no prazo máximo dun mes dende que se acade no Comité Intercentros un acordo ao respecto das categorías deste persoal.
  6. Solicitamos a retirada do carné de conducir como requisito imprescindible das prazas correspondentes aos inspectores ambientais, porque entendemos que as tarefas de inspección (en todos os casos) non poden levar aparelladas a necesidade de conducir, por non ser unha función propia dos corpos de inspección. En este punto, a secretaria xeral contesta que están reevaluando a posibilidade de retirar o dito requisito ou mantelo unicamente como mérito.

4. Proxecto de Decreto polo que se regula o réxime de contratación do persoal investigadoe laboral da Administración da Comunidad Autónoma de Galicia.

Reiteramos as alegacións presentadas, algunhas das cales foron aceptadas, por exemplo, no que respecta ao prazo establecido para o preaviso no caso de extinción do contrato por vontade do traballador (artigo 7), que se modifica de tres a un mes, a necesidade de motivación expresamente recollida no decreto no que se refire aos resultados das avaliacións e mesmo na fixación de porcentaxes concretas para o complemento de produtividade.

En todo caso, facémonos eco das queixas do persoal investigador do ámbito sanitario, que solicita que se limite ou elimine a temporalidade dos contratos de investigación xa que os proxectos de investigación precisan de tempo para producir os seus resultados.

5. Proposta de modificación da RPT do Instituto Galego de Estatística.

Reiteramos neste punto a nosas queixas polo farragoso da explicación económica que atopamos nesta proposta de modificación de RPT. Fíxose moi difícil facer un seguemento dos datos económicos concretos que se reflexaban na memoria xustificativa.

Tamén nos reiteramos en que os postos que se manteñen abertos para a súa provisión por persoal do Instituto Nacional de Estatística, deben quedar pechados ao persoal da Administración Autonómica, xa que, non contamos con reciprocidade.

Por outra parte, entendemos que moitas das xefatura de servizo que permanencen en exclusiva para o persoal da escala de estatíticos poderían estar a abertas a persoal de corpos xerais porque non presentan a especificidade necesaria para ser provistas unicamente pola mencionada escala.

Por outro lado, atopámonos na documentación remitida para esta mesa xeral con que se inclúen xa as áreas funcionais para algúns postos, cando na negociación matida cos responsables do IGE non estiveran enriba da mesa, e polo tanto, deberían ser obxecto de nova negociación.

Ademais creemos que as amortizacións que se producen non están xustificadas, e menos cando se destrue emprego en postos base para crear unha xefatura de servizo da que non depende persoal algún, e para a que , xa parece premonitorio, os responsables do IGE elixiron o nome de «unidade de modelización socioeconómina».

Canto ó recurso ao segredo estatístico para xustificar a provisión de determinadas xefaturas de servizo polo sistema de libre designación, tampouco nos parece xustificado, xa que logo poderíase establecer a provisión por LD de todos os postos do IGE.

6. Proxecto de orde polo que se convoca o proceso selectivo no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de veterinarios.

Dende a Administración informannos de que están todavía valorando a eliminación do terceiros exercicio que consta na proposta, e que tomarán unha decisión de aquí ao próximo venres, data na que haberá unha nova xuntanza previa á correspondente comisión de persoal do próximo martes día 28.

Por parte da CSIF reiteramos as alegacións presentadas e insistimos na eliminación do 3º exercicio da fase de oposición.

O director xeral comprométese ademais a contestar antes da dita comisión de persoal se inclúe neste proceso selectivo as prazas correspondentes á OPE de 2017, e que en canto aos cambios solicitados no tempo de servizos prestados tamén o valorará.

7. Proxecto de Orde polo que se convoca o proceso selectivo para o ingreso no corpo administratico de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes de inspección, especialidade de consumo.

Seguimos entendendo que o sistema selectivo debe ser o de CONCURSO-OPOSICIÓN, cando menos para aquelas persoas que opten ás prazas convocadas pola quenda de promoción interna e que debe retirarse o requisito do permiso de conducir para o acceso a este proceso selectivo, porque na Lei 11/2004, de 19 de novembro, de inspección de consumo de Galicia, cando no seu artigo 5 se regulan as escalas da inspección de consumo, establécense, no apartado primeiro, último inciso: “Para o ingreso nestas escalas esixirase estar en posesión da titulación correspondente ao grupo que pertence cada unha, dacordo coa normativa da función pública”. Polo tanto, nada se esixe con respecto ao permiso de conducir clase B, polo que solicitamos a retirada deste requisito para o acceso ao proceso selectivo.

Polo que se refire á referencia ás normas de dereito positivo relacionadas co contido do programa acéptase en parte a reticencia da CSIF a que estas normas estean referidas á data de nomeamento do tribunal. Aínda así fíxase unha data que supón unha antelación de dous meses respecto da data prevista para o primeiro exame.

Entendemos que o óptimo sería que o temario quedase pechado no momento da convocatoria, e non nun momento posterior.

Polo que respecta á data de realización do primeiro exercicio, solicitamos que non sexa anterior a seis meses dende a publicación no DOG desta convocatoria.

Ademais do dito, entendemos que este primeiro exercicio debe ser eliminado para os aspirantes que se presenten pola quenda de promoción interna, e que o segundo, referido á parte específica podería ser substituido por un exercicio tipo test.

8. Proxecto polo que se convoca o proceso selectivo para o ingreso pola quenda de promoción interna no corpo superior de Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de Finanzas.

Polo que se refire ao programa deste proceso selectivo opinamos que debería pecharse a data da convocatoria, e non manter unha data posterior, que dista dous meses da prevista para a realización do primeiro exercicio, ao igual que no caso anterior.

Destacamos tamén que se mantén o segundo exercicio como proba oral, e que entendemos xa que atenta contra o debido anonimato do opositor que debe garantirse ao longo de todo o proceso selectivo, canto máis para a quenda de promoción interna. Polo tanto, de considerarse imprescindible un exercicio de desenvolvemento, tería que realizarse por escrito e mediante a asignación dun código ao opositor que permita que os exames sexan totalmente anónimos para o Tribunal no momento da súa corrección.

Reiteramos o resto das alegacións xa presentadas.

9. Rogos e preguntas: recibimos información de varios temas:

Persoal do Consorcio: ao respecto do persoal do consorcio o director de Función Pública informa de que o acordo asinado será publicado próximante no DOG é estase traballando no recoñecemento dos servicios prestados a efectos de antigüidade. Constituiuse un grupo de traballo en colaboración co CIXTEC, pero hai un total de 1800 traballadores aos que recoñecer os trienios, e polo tanto, non nos pode dar unha data para o abono das cantidades derivadas de dito recoñecemento. Nesta primeira fase, farase un recoñecemento do tempo traballado no Consorcio ou ben nos centros dependentes da Xunta de Galicia, sen perxuicio de que o persoal que poda acreditar servicios prestados noutras administracións poda presentar posteriormente a reclamanción correspondente.

O que si confirma é que o pago das ditas cantidades non ten aínda data e que seguro non será coa próxima nómina do mes de abril.

En relación cos descontos que están a producirse ao persoal do Consorcio por pagos indebidos realizados pola empresa, solicitará información deste asunto, en tanto hai certeza de que algúns traballadores levan varios meses prácticamente coa nómina a cero por esta causa.

Encomenda da recollida de mostras das praias a persoal externo á Consellería de Sanidade: preguntamos polas informacións que están circulando ao respecto da externalización da recollida de mostras do programa de praias que está encomendado aos FISP. Hai unhas semanas tivemos coñecemento de que se remitira un correo electrónico a parte do persoal do FISP para que presentasen as súas alegacións e consideracións á encomenda de recollida de mostras do programa de praias a persoal externo, presumiblemente de TRAGSATEC. A representante do servizo de recursos humanos da Consellería de Sanidade presente na mesa xeral, mostrou total descoñecemento deste asunto que leva coleando xa varios meses, dende a folga protagonizada polo persoal FISP o pasado verano.

O director xeral de Función Pública comprometeuse a preguntar ao secretario xeral técnico da dita consellería pola xuntanza que con carácter urxente se solicitou á dita consellería, e manifestou igualmente que non coñecía o tema.

Taxa de Reposición nos procesos de Consolidadión:

Tamén se nos comentou que se está pensando en eliminar do cómputo da taxa de reposición as prazas correspondentes á consolidación do persoal con antigüidade acreditada antes do 2005, o que permitiría que de poder aprobarse a OPE de 2017 o incremento do número de prazas fose superior a outras ofertas, tanto no ámbito da función pública, como respecto das prazas da consellería de educación para mestres e profesores.

Cronograma dos procesos de integración: o director informa de que a próxima semana poderá producirse a convocatoria da comisión de integración de GAIN, e que está previsto que o proceso continúe e poda estar rematado en torno ao mes de Maio. O seguinte proceso de integración será, previsiblemente o da Axencia de Turismo e o Centro de Hostelería, do que espera remitir o borrador de orde ao longo da próxima semena.

Respecto da solicitude de reunión do persoal interino de loita contra o fraude incorporado nas oficinas de emprego, contesta que non lles deron unha data para a dita xuntanza porque aínda non teñen unha resposta que ofrecer as súas cuestións. En todo caso, a prórroga dos contratos deste persoal remata o próximo 13 de maio e espera ter unha resposta antes da dita data.