Prazas para a elección de destino de Gardacostas – C1

Dende Función Pública acaban de remitir as prazas que se ofertarán no próximo procedemento de elección de destino definitivo do proceso selectivo para o ingreso corpo de axudantes de carácter facultativo de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, convocado pola Orde do 2 de decembro de 2016 (DOG núm. 246, do 27.12.2016)

En relación coa elección de destino definitivo dos axentes do servizo de gardacostas de Galicia,   ofértanse  55   prazas  que son as que se atopan  vacantes  e   foron ofertadas no  último  concurso  ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de Administración especial, da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escalas do Servizo de Gardacostas de Galicia.

Das 74 prazas posibles,  descártanse 5 delas que non se poden ofertar por estar ocupadas por indefinidos  non fixos  e 14 prazas  mais,  que aínda que se atopan actualmente  vacantes non se ofertaron no correspondente  concurso de traslados resolto recentemente  por non atoparse vacantes no momento da convocatoria do concurso.

Cadro prazas a ofertar Gardacostas_22_10_2020